Noviembre 25, 2006
O pasado xoves os socialistas de Boiro celebramos a Asemblea para nomear o candidato ás vindeiras eleccións municipais. E como era de esperar non houbo sorpresas. Juan Jesús Ares foi elixido por aclamación.Ares é unha persoa que merece ser alcalde, é máis, creo que Boiro merece un alcalde como Ares. Pensaredes que é normal que eu diga iso xa que somos compañeiros de partido. Pero podo dicirvos que Juan Jesús é unha boa persoa: é honrado e traballador, humilde e sinxelo, en definitiva, é un cidadán máis ao que o poder non o vai cambiar como fixo coa maioría dos alcaldes de Boiro.Isto que vou dicir, se o lee algún do BNG de Boiro seguramente se enfadará, pero é o que penso: Ares durante esta lexislatura municipal foi a persoa que lle puxo serenidade, sensatez e traballo ao goberno; porque se dedicou plenamente a traballar por defender os intereses dos boirenses, sen excepcións. ¡Outros, por desgracia, non fixeron o mesmo!.Esta lexislatura de coalición non foi nada doada, porque gobernar co BNG é complicado, e sobre todo cando existen persoas que son incapaces de sentarse a dialogar porque queren por riba de todo aplicar o seu criterio. Un goberno de coalición é saber ceder moitas veces aínda que non estes de acordo, é xuntarse e falar frecuentemente, é compatir os problemas, e tamén os éxitos; é, en definitiva, traballar en equipo intentando meter todos os goles na mesma portería.
Faltan seis meses –aproximadamente- para que se celebren as eleccións, e queda aínda moito que facer, moito que traballar, pero espero que todo o camiño percorrido ata o mes de maio do vindeiro ano dea o froito esperado. ARES ALCALDE DE BOIRO.
Entry Filed under: Barbanza, Boiro, PSdeG-PSOE, Política. .
1.
Enrique Castro | Noviembre 28, 2006 at 2:53 pm
Sen dubida Blas, Juan Jesús é unha excelente alternativa coma Alcalde de Boiro.
Unha aperta e felicitacións polo teu blog.
2.
mimportaunbledo | Marzo 6, 2007 at 6:25 pm
esto parece una montaña de stiercol de lameculos
3. 365 días de blasgarcia.com « Blas García | Noviembre 27, 2007 at 1:54 am
[...] un ano que empecei con esta aventura do blog, o 25 de novembro do pasado ano colguei o meu primeiro post, e desde aquel día logrei manter unha actividade que nin eu mesmo me imaxinaba que podería [...]