Noviembre 30, 2006

Era un sábado chuvioso, aínda que ese día non baixei á rúa. Eva –a miña muller- e eu estabamos no Hospital do Barbanza. Ás nove da mañá a nos levaron da habitación na que ela estaba ingresada ata outra que se atopaba na primeira planta –creo-. Estivemos alí metidos todo o día, eu só baixei un momento a comprar o xornal La Voz de Galicia, que por sorte ese día traía de regalo un especial sobre o afundimento do Prestige.
Eva queixábase de dor, cada vez con máis frecuencia. Eu non podía facer nada, unicamente consolala e darlle ánimos. Mentres tanto lía o xornal e o especial do Prestige e comentáballe as novas a Eva –creo que non me facía ningún caso-. As dores ían en aumento, cada vez eran máis constantes.
Pero ao fin decidiuse a saír, cun mes de antelación e forzado. Eran as sete menos cinco da tarde. Non paraba de chorar –algo que aínda segue facendo con asisuidade-. Chámase Nerea, pesou 2,660 quilos e mediu 47 cm. e hoxe cumpre catro anos. Foi un dos días máis felices da miña vida. As sensacións que sentín ese día non as volverei a ter nunca, asistir ao nacemento dun fillo é algo inenarrable (cando Paula naceu tiven que saír da sala de partos).
A partires de aí empezou a soar o teléfono: meus pais, meus sogros, …., pero lembro sobre todo tres chamadas que me alegraron de especial maneira a de Lage (acabou sendo o seu padriño), a de Antón Louro (o meu xefe naquel intre) e a de Pepe Blanco. Non quero rematar sen deixar de vos contar que poucas horas despois de dar a luz Eva pediume (o certo é que me obrigou) a ir á manifestación de Nunca Máis. “Xa que eu non podo, tes que ir ti”, díxome. E como non, alí estiven baixo a choiva.
Entry Filed under: Barbanza, Boiro, Familia, Persoal. .
1.
jandres | Noviembre 30, 2006 at 10:16 am
O primeiro que vou facer é felicitar a túa filla, non teño o gusto de coñecela pero sempre que falas dela cáeche a baba e tendo un pai así ten que ser boa filla e por suposto socialista, quen sabe o mellor podería chegar a ser Presidenta da Xunta nun futuro non moi lonxano polo que ¡¡ FELICIDADES NEREA!!.
Ti camarada vive estes inolvidables momentos.
Mírome o espello, non me recoñezo,
paso a vista sobre os anos transcorridos,
tempo pasado,
tempo lonxano,
momentos felices,
momentos inolvidables,
momentos …
Mírome o espello, recoñézome,
arrugas do tempo,
arrugas da vida,
a vida mesma.
Unha aperta.
2.
blas | Noviembre 30, 2006 at 2:12 pm
Grazas pola mensaxe. Transmitireille as túas felicitacións a Nerea.
3.
José Manuel Lage | Noviembre 30, 2006 at 5:29 pm
Hoxe é un día especial, Nerea cumple catro anos … felicidades Nerea.
Eva e Blas son responsables de que eu sexa o padriño. Honráronme coa súa petición, e se cabe fixeron que os lazos e a amizade que me une con eles alcanzara niveis propios dunha relación familiar.
Nos vindeiros días, espero poder compartir coa miña afillada unhas horas de celebración e diversión.
4. Lage » Nerea, feliz&hellip | Noviembre 30, 2006 at 7:28 pm
[...] Sentinme moi honrado cando me propuseron ser o padriño da súa filla. Fai catro anos en Galicia estábamos vivindo a catástrofe do Prestige, e Nerea veu ó mundo un día antes da gran manifestación cidadá que se celebrou en Compostela baixo o grito de Nunca Máis. [...]
5.
blas | Diciembre 1, 2006 at 2:01 pm
onte foi o cumpreanos da miña irman NEREA que cumpriu 4anos
6.
Alfonso Gil | Diciembre 1, 2006 at 7:47 pm
Felicidades Blas, espero que todo haya ido bien y cuando nos veamos lo celebremos juntos.
Saludos desde Euskadi a ti y a los compañeros del PSdeG
7.
blas | Diciembre 2, 2006 at 10:10 pm
Gracias Alfonso. No dudes que cuando nos veamos lo vamos a celebrar. Eso y lo que haga falta.
8. 30 de marzo de 1998 &laqu&hellip | Marzo 30, 2007 at 12:39 am
[...] de Santiago. Luns.12:45 horas da mañá. 3,450 quilos e 49 cms. Foi un parto máis sinxelo que o de Nerea, aínda que neste non me deixaron estar presente ata o final, pouco antes de nacer tiven que saír [...]