Mandilón, ¿si ou non?

Febrero 4, 2007

Escola infantil Santa Susana (La Voz de Galicia)

Esta semana tocou falar de mandilóns. En ocasións da a impresión que aos medios de comunicación e a algúns políticos lles gusta centrarse en asuntos triviais e de importancia relativa, quizais para non destacar o verdadeiramente importante, o miolo central do asunto en cuestión. 

O día que vin na prensa que Vicepresidencia sacaba a concurso de ideas para os uniformes das Galescolas pensei: unha nova ocorrencia dalgún asesor de Quintana ou do BNG, que vai a dar que falar. E, por desgracia, así foi; toda a santa semana os mandilóns de Vicepresidencia nos medios e no debate político, coa conseguinte deriva cara ao patriotismo, o radicalismo, …, ata apareceu Fidel Castro e Mao polo medio do debate. ¡¡Un éxito!!. 

Pero, ¿quen se beneficia deste debate absurdo e extravagante?. Pois coma sempre, o PP de Núñez Feijoo, xa que por un lado poden continuar machacando co seu discurso da radicalidade, do bigoberno, da identidade nacional, dos extremismos, …, do que todos e todas xa sabemos de memoria. Eu sempre fun da opinión de que ao rival político non debemos de darlle armas para que nos dispare, pero alá os asesores de Quintana e do BNG coa súa política de comunicación e coas súas propostas –en ocasións- de vodevil. 

O que máis me doe desta absurda polémica e que non se debata sobre a utilidade ou non das garderías infantís, e que se omitan datos tan importantes coma que se pretenden crear 5500 novas prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos (un 65 por cento máis), que se farán preto dun cento de novos centros, ou que case un milleiro de persoas traballarán nestes centros. Estes son os datos dos que deberiamos de estar a falar, e non discutindo sobre mandilóns.

Entry Filed under: BNG, Galicia, Medios de Comunicación, Política, Xunta. .

10 Comments Add your own

  • 1. missangas  |  Febrero 5, 2007 at 2:12 pm

    Sen que sirva de precedente estou de acordo contigo. O que disparou o debate, absurdo e alucinante, foi que non se debeu nunca anunciar en prensa como noticia o que debera ser un simples trámite administrativo, un concurso para dotar de vestiario as escolas infantís, punto. Publicación no Dog e presentación de propostas económicas, un trámite administrativo nada máis. A publicidade restante sobraba e non creo lle faga moito favor ao proxecto educativo das galescolas.

    Tampouco é de recibo cuestionar o emprego dos mandilóns, de uso común en todo o ensino infantil, e menos os abandeirados do ensino privado e concertado, auténtico reduto do uso do uniforme.

  • 2. andaime :: O mandil escol&hellip  |  Febrero 5, 2007 at 9:03 pm

    [...] o asunto falan no blogomillo Brétemas e Blas García. Comments [...]

  • 3. blas  |  Febrero 5, 2007 at 11:57 pm

    missangas, é un pracer que coincidamos neste asunto, aínda que non dubides que alomellor estamos dacordo en máis cousas das que ti pensas.
    Un saúdo.

  • 4. Remixio  |  Febrero 7, 2007 at 11:11 am

    Discrepo parcialmente con don Blas. Non entendo esta polémica absurda nin tampouco vexo que “culpas” ten nin o BNG nin Vicepresidencia da Xunta neste asunto. ¿Que ten de particular sacar a concurso público (como é debido) o deseño dun mandilón? ¿Está alguén contra a utilización do mandilón por parte dos bebés? ¿Alguén critica ao SERGAS por ter unha imaxe corporativa que se aplica tamén ás roupas de traballo e ás sábanas e colchas dos hospitais?

  • 5. E. Osorio  |  Febrero 7, 2007 at 11:31 am

    Vamos a ver, centremonos……
    Creo que ninguén está en contra dun mandilón. O que está a xerar toda a polémica é o que dí a orde sobre o deseño do mandilón. A orede ven a dicir que o mandilón deberá reflectir as cores galegas e motivos galegos que identifiquen @s cativ@s e @s funcionari@s como membros do sistema público de ensino dependentes da Xunta. Esto é o que dá un certo “tufillo” a outras épocas ou a outros métos e sistemas de ensino. ¿Vos imaxinades os médicos do hospital cunha bata branca cruzada por unha banda transversal de cor azul ceo e que poñan por detrás GALIZA NAZÓN? Pero mira que non terán os do BNG cousas máis importantes que facer por este País que envolver os cativos na bandeira de Galicia para ir a Galescola, xa só falta facelos formar antes de entrar a clase o son do Hinmo Galego.

  • 6. musiescola  |  Febrero 8, 2007 at 11:14 pm

    É certo, a min chéirame a vellos tempos, cando ía á escola o sábado só para cantar un himno diante dun farrapo como bandeira. O mestre que non o facía era denunciado polo chivato do pobo e o luns xa tiña a inspección na escola…
    Un saúdo

  • 7. Estevo das Estrivadas  |  Febrero 9, 2007 at 8:00 pm

    ‘En defensa do mandilón’, un artigo de Manuel Bragado

    Este artigo viu a luz por vez primeira en Xornal.com

    Santiago de Compostela, 9 Febreiro 07. Reproducimos a seguir, polo seu interese, este artigo asinado polo editor, escritor e activista da cultura galega, Manuel Bragado, que apareceu xa publicado no diario electrónico http://www.xornal.com.

    A polémica do mandilón nas galescolas é moi clarificadora da curtedade de miras e dos escasos argumentos dos que tratan de minar por todos os medios ao seu alcance a valente política que se está levando dende Vicepresidencia na cuestión da Educación Infantil (EI).

    A necesidade do uso do mandilón na EI (tanto por parte dos picariños como dos educadores) é algo incuestionable. A miña experiencia de oito anos como profesor de Educación Infantil da rede pública demóstrame que o uso desta prenda é educativamente imprescindible. Dende o punto de vista da conquista da autonomía do alumnado (o primeiro obxectivo desta etapa educativa) permite o desenvolvemento das rotinas diarias de entrada e saída do centro, ademais do afianzamento de hábitos de orde, coordinación corporal e limpeza. Dende o do desenvolvemento da socialización entre iguais, o mandilón favorece a integración no grupo de todos os alumnos e alumnas, constituíndose nun dos referentes do espazo escolar. O mandilón (ou o chandal e a viseira nas saídas fóra do centro, para o caso, o mesmo) é na etapa infantil unha prenda educativa de primeiro orde (como ben comprenden as garderías privadas onde existe xeralmente un único modelo destas prenda de roupa, sendo de uso obrigatorio e, en moitas ocasións, vendidas polos responsables do centro).

    Dignificar a rede educativa

    Que razón existe, pois, para denostar na rede pública o que semella incuestionable na privada? Acaso sería criticable que nos sanatorios cada doente empregase o seu vestiario? Entendarían os que critican os mandilóns das galescolas que os cirurxiáns e enfermeiros non empregase as batas corporativas de cada centro sanitario? O feito de que Vicepresidencia pretenda que todos os picariños das galescolas teñan un mandilón bonito (deseñado con criterios educativos e co mellor deseño da nosa industria textil), do que se sintan orgullosas as familias e o persoal educativo, é outra mostra do esforzo por dignificar esta rede educativa, ata agora esquecida e secundarizada como meramente asistencial por parte dos gobernos conservadores (sabemos cántas prazas públicas deixaron en funcionamento os gobernos de Manuel Fraga?).

    Quizais neste “matiz” se poida atopar a razón de tan absurda e ridícula polémica, coidadosamente amplificada por algúns medios e comentaristas con argumentos delirantes. Benvidos estes mandilóns de moda galega para os picariños das galescolas! Claro que si!

    http://www.bng-galiza.org/servlet/ContentServer?pagename=R&c=Articulo&cid=1169498750167&pubid=1037366653062&idm=Galego

  • 8. E Osorio  |  Febrero 9, 2007 at 8:51 pm

    Xa chegaron os demagogos.
    Imos a ver…. NInguén dúbida de que o uso do mandilón na EI sexa recomendable. Eu dende logo non o dubido. Entón non fagamos demagoxia e non critiquemos que os que dicimos non o mandilón estamos en contra do desenvolvemento dunha escola moderna, e non sei cantas trapalladas máis. Aquí creo que moitos cremos que o que vicepresidencia intenta facer é disfrazar os nosos cativos, e dicir, envolvelos nunha bandeira de Galicia coma si dun regalo con papel de celofán se tratase. Vicepresidencia propuxo un mandilón coas cores galegas e cuns motivos que nos identificasen coma País. Como eu coñézome os do Bloque en xeral, e a algúns talibáns de Vicepresidencia en particular temome o pior. Estou vendo os neniños cun mandilón branco cunha franxa azul celeste en diagonal, por diante a figura de Castelao e por tras o emblema “Galicia Nazón”. Pos si é a así ante a pregunta de “Mandilón, ¿si ou non?”, eu respondo NON

  • 9. Estevo das Estrivadas  |  Febrero 9, 2007 at 8:56 pm

    Demagogos, imposiciòn….oes, realmente parecedes o PP versión Galiza…
    Pois eu digo que sí, só para que levedes un bó pau coas vosas paranoias.

  • 10. Antón  |  Febrero 28, 2007 at 3:42 am

    O asunto é que as galescolas non son da Xunta, senón desta asociación:

    http://www.galescola.com

    Eche o que hai.

Leave a Comment

hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


O último

O máis ollado

Calendario

Febrero 2007
L M X J V S D
« Ene   Mar »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728  

Comentarios

jlprieto.net … en Unha promesa electoral
Miguel en Un asasino menos
Delfín en Como conseguir un coche g…
adrian en Como conseguir un coche g…
Javier en U-lo coche de Touriño?
pasaba por aqui en U-lo coche de Touriño?

Blogs Socialistas

Recomendacións

Webs de Información

Webs Socialistas

Xeral

Arquivos

Meta

RSS PSdeG-PSOE

RSS El País Galicia

RSS Público

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Categoría Nube

Autonómicas 2009 Barça Barbanza Blogs Socialistas BNG Boiro Curiosidades DdC Deportes Enlaces Fórmula 1 Familia Fene Galicia Goberno Humor Música Medios de Comunicación Municipais 2007 Persoal Política PP PSdeG-PSOE PSOE Publicidade Recomendacións Webs de Información Xerais 2008 Xeral Xunta

Etiquetas

Fotos

Paula pintando

Paula pintando

Nerea pintando

Pintura

Nerea pintando

More Photos