Archive for 5/03/07

Nerea de Arteixo e Carlos Núñez

Non quero deixar pasar a oportunidade de regalarvos a actuación dunha nena de nove anos de Arteixo, que se chama Nerea, acompañada de Carlos Núñez, no programa Pequeno Gran Show. 

Esta rapaza, que pertence ao grupo de pandereteiras Xiradela de Arteixo, interpreta unha xota de maneira maxistral. 

Unha pequena xoia para os que vos guste a música tradicional

3 comments Marzo 5, 2007

Paula no Pequeno Gran Show


Non todo vai a ser política. Por iso vos deixo un vídeo da miña filla Paula durante a súa participación nun programa da TVG, Pequeno Gran Show.

Este programa emitírono o domingo, pero foi gravado o martes anterior. Paula foi a falar do seu blog, e a verdade é que estivo bastante tranquila, xa que ela é bastante nerviosa.

O dito, invítovos a ver a Paula.

P.D.: Moi bo o detalle de Paco Lodeiro chamándolle Globomillo ao Blogomillo. O erro durante a gravación cometeuno tres veces, aínda que no programa só sae unha vez.

Add comment Marzo 5, 2007

Añoranza golpista

www.losgenoveses.net

Parece que o Partido Popular, despois de moito insistir, está a conseguir a división de España. Aznar, Rajoy, Acebes, Zaplana, Esperanza Aguirre, … levan anos insistindo na súa teima de que España corría o risco de se fracturar, e a situación actual semella que se cumpren os vaticinios destes profetas do desastre.

Desde a chegada ao goberno de Zapatero e do PSOE día tras día estiveron facendo o imposible por deteriorar e desgastar ao goberno elixido democraticamente polos españois. Dáballe igual as armas, todo o que estivese ao seu alcance era útil para acadar o seu obxectivo. Terrorismo, OPAS, Estatutos, a relixión, os gais e lesbianas, a familia, os mortos en Afganistán, as medallas, …, todo, sen excepción valía para facer oposición.

¡Que fráxiles son de memoria!, xa non se lembran que ata o 2004 estiveron gobernando eles durante oito anos. Pero a diferencia entre o goberno de José Mª Aznar e o de Zapatero, entre o PP e o PSOE, foi precisamente a oposición: o sentimento de estado, a responsabilidade, a crispación, o TALANTE. Algo que para os populares é algo que non entra no seu estilo –como xa pasara durante o goberno de Felipe González-, para eles todo vale con tal de chegar ao poder.

Agora, durante esta semana asistimos a episodios realmente alarmantes para a Democracia e a tranquilidade dos españois, xa que as rúas empezan a ser tomadas por certos individuos que alentados polos líderes do PP atrévense a poñer en dúbida a lexitimidade do goberno socialista e incluso algúns medios afíns á dereita se atreve a publicar artigos onde se aprecia certa añoranza golpista.

Realmente teño que confesarvos que este PP empeza a dar medo, e seguramente que moitos deles desexarían que tivésemos outro dezasete de xullo.

2 comments Marzo 5, 2007


O último

O máis ollado

Calendario

Marzo 2007
L M X J V S D
« Feb   Abr »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Comentarios

Tweets that mention … en Lage, un amigo. Intervención n…
carmen en Aminatou e o foco mediáti…
evatome en Aminatou e o foco mediáti…
Mar Barcón en Cayo Lara e o Rey
Xabier Pîta Wonenbur… en Rajoy 2.0 ou Rajoy de la …
PaUlita (L) en 7 anos ás 7

Blogs Socialistas

Recomendacións

Webs de Información

Webs Socialistas

Xeral

Arquivos

O meu Twitter

Meta

RSS PSdeG-PSOE

RSS El País Galicia

RSS Público

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Categoría Nube

Autonómicas 2009 Barbanza Barça Blogs Socialistas BNG Boiro Curiosidades DdC Deportes Enlaces Familia Fene Fórmula 1 Galicia Goberno Humor Medios de Comunicación Municipais 2007 Música Persoal Política PP PSdeG-PSOE PSOE Publicidade Recomendacións Webs de Información Xerais 2008 Xeral Xunta

Etiquetas

11 Congreso 37 Congreso Alonso Autonómicas 2009 Aznar Barbanza Barça Blas blog Blogs Socialistas BNG Boiro Briatore campaña electoral DdC Dennis España FC Barcelona Feijoo Fernando Fernando Alonso Fórmula 1 Galicia Hamilton Humor La Voz de Galicia McLaren Mercedes Mos Muxía Mª Amelia Nerea Núñez Feijóo Paula PP PPdeG PSdeG PSdeG-PSOE PSOE Rajoy Recomendacións Touriño Xerais 2008 XSG Zapatero

Fotos

Cumple de Nerea

Cumple de Nerea

Cumple de Nerea

Cumple de Nerea

Cumple de Nerea

More Photos