Archive for 7/03/07

A todos los españoles de bien …

mani_peque 

Chégame un mail dunha amiga de Arxentina no que me informa de que o PP nese país está a invitar “a todos los españoles de bien” a manifestarse contra o goberno. Esta convocatoria estase a enviar a través do Sistema Informativo de la Comunidad Española (SICE Prensa & Comunicación) que dirixe o Dr. Jorge Navós.

Non cabe dúbida de que o PP non deixa pasar a ocasión, e pretende facer chegar o estado de crispación a tódalas esquinas do mundo. Habería que saber si en Arxentina Rajoy e os seus “chicos” tamén poñen autobuses e pagan bocadillos para ir á manifestación, ou si Esperanza Aguirre será a encargada de contar aos asistentes e nos contará que asistiron máis dun millón.

Así que xa saben, os españois de ben que se manifesten na Arxentina, e os que decidan non acudir, serán malos españois, e como di Rajoy: insentatos e anormais.

Ver invitación en alta resolución

3 comments Marzo 7, 2007

“Uno solo lo nombró, y entre todos lo mataron”

Pois, como xa saberedes a maioría, ou polo menos os de Boiro, Luis Blanco Vila, o “xormalista” e catedrático, xa non é o candidato do PP de Boiro á alcaldía. Parece ser que tomou esta decisión despois alegando problemas de saúde: 

Era una posibilidad que venía meditando desde que el 6 de diciembre el cardiólogo me advirtió de que algunas cosas de mi enfermedad no iban bien”. Motivos de salud “y sólo eso” -insistió- le llevaron a plantear a los dirigentes del partido, el propio Alberto Núñez Feijoo y Juan Juncal, que estaba sopesando la posibilidad de dejarlo: “No creo que tuviera fuerzas para dedicarme a Boiro como deseo, y ante esto, es mejor dejarlo

Teño que confesarvos dúas cousa. A primeira é que eu o venres xa o sabía –un amigo do PP chamoume para contarmo-. E a segunda é que non me creo o dos problemas de saúde, ou alomenos que está sexa a razón polo que “dimite” como candidato. Porque hai cousas que non me cadran: non me cadra que abandone a pouco máis de tres meses para as eleccións, non me cadra que sabendo o da súa saúde desde primeiros de decembro –tres meses- tome agora a decisión, non me cadra que fixese unha campaña de vallas e carteis preelectorais, non me cadra o contido das súas “epístolas” nos xornais, …, no me cadran moitas cousas.

Eu case estou por asegurar que ao catedrático Blanco Vila “se lo cargaron”, e como diría a canción: uno sólo lo nombró, y entre todos lo mataron.  As razóns para o asasinato político de Don Luís poden ser varias, aínda que todas levan ao mesmo sitio: entrou con mal pé na casa popular de Boiro, nunca foi ben recibido nin acadou o aprecio e o cariño dos seus “camaradas” de partido; os datos electorais que manexaba o PP eran moi malos; ningún dos “popes” do PP da comarca o soportaba, nin Torres, nin Ruíz, nin Crespo; os informes que lle chegaban populares galaicos –PPdeG- eran totalmente desfavorables desde o seu nomeamento, e Núñez Feijoo negouse en todo momento a vir a Boiro a presentalo como candidato, a pesar da insistencia inicial de Alonso; en definitiva, que como dicía un amigo meu do PP de Boiro: “ten un curriculum cojonudo, pero de política nin puta idea. A donde imos con este homiño que non sabe nin donde está Peralto ou  Rosadelas”. 

A verdade é que me da pena Don Luis, porque despois da súa traxectoria que teña que soportar este manchón no seu magnífico curriculum, pero así de dura é a vida, e sobre todo a política. Pero, a rei morto rei posto, por unha banda dámoslle o adeus a Blanco Vila, e polo outro recibimos a Juan José Dieste, o novo candidato.

1 comment Marzo 7, 2007


O último

O máis ollado

Calendario

Marzo 2007
L M X J V S D
« Feb   Abr »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Comentarios

Tweets that mention … en Lage, un amigo. Intervención n…
carmen en Aminatou e o foco mediáti…
evatome en Aminatou e o foco mediáti…
Mar Barcón en Cayo Lara e o Rey
Xabier Pîta Wonenbur… en Rajoy 2.0 ou Rajoy de la …
PaUlita (L) en 7 anos ás 7

Blogs Socialistas

Recomendacións

Webs de Información

Webs Socialistas

Xeral

Arquivos

O meu Twitter

Meta

RSS PSdeG-PSOE

RSS El País Galicia

RSS Público

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Categoría Nube

Autonómicas 2009 Barbanza Barça Blogs Socialistas BNG Boiro Curiosidades DdC Deportes Enlaces Familia Fene Fórmula 1 Galicia Goberno Humor Medios de Comunicación Municipais 2007 Música Persoal Política PP PSdeG-PSOE PSOE Publicidade Recomendacións Webs de Información Xerais 2008 Xeral Xunta

Etiquetas

11 Congreso 37 Congreso Alonso Autonómicas 2009 Aznar Barbanza Barça Blas blog Blogs Socialistas BNG Boiro Briatore campaña electoral DdC Dennis España FC Barcelona Feijoo Fernando Fernando Alonso Fórmula 1 Galicia Hamilton Humor La Voz de Galicia McLaren Mercedes Mos Muxía Mª Amelia Nerea Núñez Feijóo Paula PP PPdeG PSdeG PSdeG-PSOE PSOE Rajoy Recomendacións Touriño Xerais 2008 XSG Zapatero

Fotos

Cumple de Nerea

Cumple de Nerea

Cumple de Nerea

Cumple de Nerea

Cumple de Nerea

More Photos