Archive for 14/03/07
Llamazares o pancartero

Onte foi a comparecencia de Rubalcaba no Congreso –a petición propia- para explicar o xa chamado “Caso De Juana”, polo que un xuíz decidiu concederlle prisión atenuada a De Juana Chaos pola súa condena de ameazas – a condena por asasinar xa cumprira-, isto é bo recordalo.
Pero non vou a escribir sobre a comparecencia en xeral, porque creo que xa está todo dito e máis que comentado, e o que si está claro e que o PP está a xogar a salpicar e manchar todo o posible, pero ademais sen poñerse “colorados” xa que agora critican algo que eles durante o seu goberno fixeron con absoluta tranquilidade e sen despeinarse, e co agravante de conceder “redenccións extraordinarias” a 62 presos de ETA, incluído o propio De Juana Chaos ao que lle concederon 600 días. Pero estas cousas do PP e de Zaplana -neste caso- coméntanse por si solas.
Hoxe vou a falar de Gaspar Llamazares de IU e da súa intervención no Congreso, a verdade é que rin a escachar cando lle dixo a Zaplana:
Ademais lembroulle a Zaplana que como era posible que ETA estivese case desmantelada e desaparecida durante o goberno do PP, e fose a cometese un atentado tan brutal o 11-M, xa que esa é a teoría que defende e defendía o Partido Popular.
Un dez polo tanto á intervención do líder de Izquierda Unida, xa que tamén foi capaz de poñerlle algo de humor a un tema tan serio.
Add comment Marzo 14, 2007
Estamos en precampaña

Acábome de dar conta de que fai unha semana de que non escribo nada no blog; a razón é unicamente laboral. As eleccións municipais de maio empézanse a notar no volume de traballo, e as presentacións de candidatos e candidaturas xa é algo frecuente. A semana pasada estiven en Ribeira e Mazaricos, na comarca do Barbanza. O sábado en Ourense, o domingo en Vilagarcía, o luns en Vigo e hoxe en A Coruña con Touriño.
A precampaña electoral xa está en marcha, quedan pouco máis de dous meses para a cita na urnas e a “maquinaria electoral” xa se está engraxando. Estoulle dando voltas á posibilidade de facer durante a campaña un diario no que contar o que nos vai pasando nos distintos actos e concellos que visitemos. Xa verei o que fago.
2 comments Marzo 14, 2007







