¿¡A modernización da Igrexa Católica?!
Julio 7, 2007
O Vaticano presentou un documento do Papa Benedicto co que pretenden facilitar a celebración das misas en latín. Sen dúbida este é un gran avance para esta Igrexa que camiña de xeito firme e imperturbable cara a súa modernización.
Eu confésovos que non son un católico practicante, nin moito menos; aínda que a miña filla Paula fixo a primeira comunión, basicamente porque ela quixo (calquera lle quitaba a ilusión de estrear un vestido branco ese día); pero tamén vos direi que desde que fixo a comunión non volveu a ir á misa. Dáme dúas razóns para non ir, a primeira é que ten que levantarse cedo tódolos domingos; e, a segunda é que lle parece un “pouco aburrida”. Pero como á miña filla acontécelle á maioría dos rapaces e dos maiores.
A razón é que mentres a sociedade avanza e se moderniza, e os tempos cambiaron radicalmente; a Igrexa Católica segue ancorada no pasado, empregando métodos e ideoloxías de principios e mediados do século XX, sen darse conta aínda de que xa estamos no século XXI.
Unha organización moderna non pode opoñerse ao uso dos anticonceptivos, ao aborto, á igualdade e á participación da muller, ao matrimonio ou unión de persoas do mesmo sexo, á investigación con “células madre”, a asignaturas como a Educación para a cidadanía, etc..Unha organización moderna ten que abrir as súas portas aos novos tempos, e ten que saber camiñar da man do progreso e da renovación. Pero, polo que parece, prefire continuar sendo unha estructura carente de democracia, na que uns poucos elixidos e iluminados pola “gracia de Deus” impoñen unhas normas de conducta que o resto dos empregados da multinacional eclesiástica deben de aplicar “sen rechistar”, sen dúbida porque este sistema dictatorial presenta uns resultados económicos moi positivos ao longo da súa historia; o único que realmente parece importarlle á Curia Romana.
Por iso, que o uso das misas en latín pode parecer unha anécdota máis, pero significa un paso atrás importante que pon de manifesto as intencións e os pensamentos do actual “Santo Padre”.
Recoméndovos esta tribuna de Juan José Tamayo.
2 Comments Add your own
Leave a Comment
Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed








1. Cousas do Meluco » &hellip | Julio 7, 2007 at 6:57 pm
[...] doado ler/escoitar opinións como as recollidas no blogue de Blas García. E eu enténdoos: A igrexa católica non está acorde ás ideas e esteticas actuais. Estou de [...]
2.
Bárbara | Mayo 2, 2009 at 1:42 am
Es cierto. parece que la iglesia se conformó con pasar a ser una minoría radicalizada, sin interés por que otros se acerquen.
saludos desde Arg.