Un pacto difícil

Agosto 15, 2007

Sinatura do acordo no ano 2003 

A vida política en Boiro anda un pouco revolta –ou un moito- porque os cidadáns notan a existencia dun “vacío” de poder ao fronte do goberno municipal. E os e as boirenses están espectante para ver como se resolve o asunto das dedicacións e ver ao final quen consegue tirar máis forte da corda e arrastrar ao contrario ata o seu campo.

 A cuestión de quen vai a cobrar converteuse nun pulso que manteñen ámbalas formacións políticas, na que ningunha delas quere dar o seu brazo a torcer, xa que a situación chegou a enrocarse de tal xeito que de ceder algunha das partes consideraríase coma unha derrota fronte á sociedade; pero o peor de todo é que ningunha das formacións quere dar o primeiro paso para falar, e iso estámolo pagando os boirenses, porque a sensación de desgoberno e de apatía e notoria. 

Seguramente haberá xente que poidan sorprenderse de que eu diga cousas como estas, dada a miña afiliación, pero eu teño unha concepción da política que dista bastante de como están a actuar os chamados líderes de ambos partidos. Por encima de todo hai que entender a política como un servizo aos cidadáns e non como unha maneira de sobrevivir, e a imaxe que se está trasladando e aquela de “todo por la pasta”. 

Eu descoñezo a solución que vai a ter este asunto, pero o que si sei é que de chegar a un acordo a ferida vai a quedar aberta e terá unha difícil cicatrización, feito que vai a incidir de xeito negativo durante toda a lexislatura. Deira quixo repetir novamente como alcalde de Boiro, e iso levouno a asinar “in extremis” un preacordo con Ares, o cal agora está a obviar e permanece agachado detrás das presuntas directrices que lle marca a súa asemblea de militantes; pero un líder debe de ser sobre todo honesto e ter palabra, e debe de estar capacitado para arranxar as dificultades que xurdan, e coa súa actitude o que demostra e unha incapacidade para o diálogo e para estar sentado no sillón da alcaldía. A non ser que toda esta situación a estea provocando el mesmo porque o que quere é gobernar en minoría e pactar de xeito puntual con calquera partido con representación no pleno; e de ser así debería de ser sincero e dicilo claramente. 

Di o refrán que “en auga revolta ganancia de pescadores”, e os únicos que están saíndo beneficiados do fracaso político de nacionalistas e socialistas son o Partido Popular e os independentes de Velo. E de non acadar un acordo en datas próximas alguén debería de empezar a asumir a súa responsabilidade a curto prazo.

Entry Filed under: BNG, Barbanza, Boiro, Municipais 2007, PSdeG-PSOE, Política. .

Leave a Comment

hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


O último

O máis ollado

Calendario

Agosto 2007
L M X J V S D
« Jul   Sep »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Comentarios

jlprieto.net … en Unha promesa electoral
Miguel en Un asasino menos
Delfín en Como conseguir un coche g…
adrian en Como conseguir un coche g…
Javier en U-lo coche de Touriño?
pasaba por aqui en U-lo coche de Touriño?

Blogs Socialistas

Recomendacións

Webs de Información

Webs Socialistas

Xeral

Arquivos

Meta

RSS PSdeG-PSOE

RSS El País Galicia

RSS Público

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Categoría Nube

Autonómicas 2009 Barça Barbanza Blogs Socialistas BNG Boiro Curiosidades DdC Deportes Enlaces Fórmula 1 Familia Fene Galicia Goberno Humor Música Medios de Comunicación Municipais 2007 Persoal Política PP PSdeG-PSOE PSOE Publicidade Recomendacións Webs de Información Xerais 2008 Xeral Xunta

Etiquetas

Fotos

Paula pintando

Paula pintando

Nerea pintando

Pintura

Nerea pintando

More Photos