Archive for 23/11/07

Xuntos por Galicia


A verdade é que este vídeo vén cuns días de retraso, pero nunca é tarde para lembrar os erros cometidos no pasado.

Este vídeo foi proxectado no V aniversario do afundimento do Prestige que organizou a Fundación Iniciativas 21 en Muxía, e á que asistiu, entre outros, o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño; e no que participou tamén o cantante Jorge Drexler.

O vídeo é moi bo e amosa en poucos minutos o traballo, a loita e a unión dun pobo.

1 comment Noviembre 23, 2007

O rey xa ten un corrido

O ¡Por qué no te callas! do Rey está dando para moito, e a última que acabo de escoitar é un corrido tex mex segundo me informan as miñas fontes friki-musicais, que se diferencia do corrido tradicional porque son un estilo latinamericano de canción protesta.

Pois o Álex este –que é o Raimón venezolano- fixo un corrido criticando a Chávez. É do máis orixinal que escoitei sobre este asunto real.

Escoitar o corrido na Cadena Ser.

2 comments Noviembre 23, 2007

A Asemblea da FEGAMP

Foto de www.lavozdegalicia.es

Hoxe estiven todo o día na Asemblea da FEGAMP, xa que era a elección do Presidente e dos órganos de dirección desta federación que reúne a tódolos concellos de Galicia. Había serias posibilidades de que a asemblea resultase tensa, xa que o BNG pretendía que a presidencia fose rotatoria, amparándose nun suposto punto dun acordo asinado co PSdeG; pero, a realidade era outra e para poder desenvolver o tipo de presidencia que reclamaban os nacionalistas debería de existir consenso entre todas as forzas políticas, e ese consenso non existía.

Pero o BNG sempre interpreta os acordos segundo a forma que lle interese a eles.A miña opinión persoal é que os nacionalistas non cren no municipalismo, e máis durante esta lexislatura na que desde a Vicepresidencia da Xunta ideou un Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar que pretende quitarlle autonomía aos concellos á hora de xestionar as áreas municipais de benestar social, deste Consorcio dependen centros de tanta importancia como as Galescolas, os centros de día, as vivendas tuteladas, etc. E son moitos os alcaldes e alcaldesas que non están a favor que sexa este Consorcio nacionalista o que controle e manexe directamente unha área tan importante como esta, e que os concellos sexan uns meros convidados de pedra; por iso creo –e repito que é a miña opinión persoal- que ao BNG non lle interesa que a FEGAMP sexa un organismo que funcione de forma unánime e poida resultar un freo no afán opresivo e dominante do Bloque.

Pero, ao remate só se presentaron tres listas (PSdeG, PP e BNG), a pesares dos rumores de que o PP ía a presentar dúas listas para obter máis representación, ou de que o BNG non ían a presentar candidatura e podían abandonar a Asemblea; os que si abandonaron foron os independentes porque ao final non puideron presentar candidatura, e iso que o PP ofreceulle poder incorporar á súa a algún alcalde. En definitiva foi un xoves entretido e interesante que me serviu como unha nova experiencia para coñecer o complicado sistema de elección de representantes que ten este organismo.

Aínda que a boa nova, sobre todo para os socialistas, foi poder acadar a presidencia da FEGAMP e a maioría nos órganos de dirección. Carlos Fernández, o alcalde de Ames, resultou elixido presidente ao ser a candidatura socialista a máis votada; e a alegría é dobre, xa que Carlos é un compañeiro ao que coñezo desde fai tempo e co que teño vivido algunha experiencia política desas que é difícil de esquecer, por iso me alegro enormemente que sexa o elixido polo PSdeG para ser o referente municipal galego nos vindeiros anos.

Por iso, quero rematar este post dándolle a miña noraboa e os meus parabéns a Carlos, e desexarlle moita sorte. Ahhh!! e tamén a Iván, que saíu elixido para formar parte do Consello Federal da FEGAMP e que ademais hoxe tocoulle traballar, xa que formou parte da Mesa da Asemblea por ser o alcalde máis xoven de Galicia.

1 comment Noviembre 23, 2007


O último

O máis ollado

Calendario

Noviembre 2007
L M X J V S D
« Oct   Dic »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Comentarios

José-Luis Prieto en É o momento moving
Pablo Santiago en Escríbelle a Isaac Díaz P…
Pablo Santiago en Un “amor” esp…
Demiurgo en Un pouco de historia
MILITANTE DISOLTO DE… en Un pouco de historia
Victor Conde en Un pouco de historia

Blogs Socialistas

Recomendacións

Webs de Información

Webs Socialistas

Xeral

Arquivos

O meu Twitter

Meta

RSS PSdeG-PSOE

RSS El País Galicia

RSS Público

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Categoría Nube

Autonómicas 2009 Barbanza Barça Blogs Socialistas BNG Boiro Curiosidades DdC Deportes Enlaces Familia Fene Fórmula 1 Galicia Goberno Humor Medios de Comunicación Municipais 2007 Música Persoal Política PP PSdeG-PSOE PSOE Publicidade Recomendacións Webs de Información Xerais 2008 Xeral Xunta

Etiquetas

11 Congreso 37 Congreso Alonso Autonómicas 2009 Aznar Barbanza Barça Blas blog Blogs Socialistas BNG Boiro Briatore campaña electoral DdC Dennis España FC Barcelona Feijoo Fernando Fernando Alonso Fórmula 1 Galicia Hamilton Humor La Voz de Galicia McLaren Mercedes Mos Muxía Mª Amelia Nerea Núñez Feijóo Paula PP PPdeG PSdeG PSdeG-PSOE PSOE Rajoy Recomendacións Touriño Xerais 2008 XSG Zapatero

Fotos

Pintada amorosa

Entradas Fito

Manifestación en Silleda

Manifestación en Silleda

Manifestación en Silleda

More Photos