Debates, agora si
Diciembre 11, 2007

¡¡Que sorpresa!!. O PP pide dous debates cara a cara entre Rajoy e Zapatero. ¡¡Como cambian as cousas!!. Fai catro anos Zapatero pediu debater con Rajoy, e este negouse, as razóns non están claras, quizais fose por medo, ou porque como daquela gobernaba o PP estes preferiron non darlle oportunidades á oposición.
Catro anos despois as cousas cambian, pero substancialmente, xa que foi o propio presidente do goberno o que retou a Rajoy a debater na televisión, e agora son os populares os que piden xa que os debates sexan dous. ¿Que foi o que cambiou?.
Actualización: Rajoy xa pide tres debates, e ademais pon a condición de que teñen que ser nas televisións privadas. De Televisión Española nada de nada. Pero ademais ten o “morrazo” de dicir o seguinte: “Yo creo que unos debates en televisión bien organizados pueden ser muy útiles para que la gente pueda conocer las propuestas y el diagnóstico de las situaciones de cada uno de los candidatos”.
Rostro e desfachatez non lle falta a Mariano e aos colegas do PP, que son capaces de xirar e modificar os seus argumentos en función dos seus intereses. Rajoy neso é como Groucho Marx: “Estos son mis principios. Si no le gustan tengo otros”.
Entry Filed under: Goberno, PP, PSOE, Política, Xerais 2008. Etiquetas: debate, eleccións xerais, PP, PSOE, Rajoy, televisión, Zapatero.
2 Comments Add your own
Leave a Comment
Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed








1.
Rubin de Cendoya | Diciembre 11, 2007 at 7:22 pm
Blas, algún fallo misterioso do Reader de Google, non me presentou os teus posts desde o 23 do mes de Santos. Hoxe encontrome con que non te lin por non mirar mais. Felicidades a Nerea.
Estou de acordo en gran parte co que pos dos debates, non sei se será millor tres que ningún ou si acaso non sirven de nada ainda que fagan douscentos.
Que nos libre dios ou o demo de telos todos os días a todas horas, pero niste caso o que ten a culpa e Zapatero por incirralos.
2.
Marco | Diciembre 11, 2007 at 7:27 pm
Rajoy quiere debate en la tele privada y prefiere evitar la pública. ¿También quiere gobernar así, evitando a los españoles y todos esos problemillas cutres de la vida diaria que le importan un rábano al PP?