Os obstáculos de David Cal
Enero 9, 2008

Segundo a Consellería de Cultura e Deporte, que dirixe a nacionalista Ánxela Bugallo, o piragüista David Cal non é un deportista de alto nivel. ¡¡Parece mentira!!.A traxectoria e o “curriculum” do atleta de Cangas é impresionante, xa que ademais da dúas medallas que gañou nos xogos olímpicos de Atenas (unha de ouro e outra de prata), tamén conseguiu varias medallas máis en campionatos mundiais e europeos. Pero esto parece ser que para os “burócratas” da consellería non é importante nin suficiente, eles prefiren manter un enfrontamento e un trato case vexatorio con David Cal, e no canto de prestarlle axuda e colaborar con el, é preferible poñerlle obstáculos e chegar case ao boicot do “palista” galego.
¿Pero que pasará se este deportista galego -que fixo historia no deporte español ao ser o primeiro atleta que conseguiu gañar dúas medallas nunha mesma olimpíada- consegue algún “metal” nas vindeiras xogos olímpicos?. Imaxino que os que agora lle negan a súa axuda serán despois os primeiros que: dirán que é un exemplo para tódolos galegos e galegas, que Galiza é unha potencia mundial e que a nazón galega merece unha selección en piragüismo; e ata me imaxino o recibimento á súa chegada a Peinador ou Lavacolla onde estarán en primeira fila para saír na foto. ¡¡Menudo éxito do nacionalismo!!.
A verdade é que ser deportista de elite en Galicia non é unha fazaña, ¡é unha milagre!. A impresión que eu me levo da xestión desta área é que os investimentos van dirixidos a potenciar non o deporte senón unha serie de espectáculos que calmen e contenten aos militantes do BNG. Ou senón que explicación ten o impresionante gasto dedicado ao paso da Volta Ciclista a España por Galicia, ou o impresionante apoio ao equipo Karpin Galicia, ou os partidos da selección galega de fútbol, …, . Eu, a verdade é que non son capaz de lembrar ningún outro “éxito” da Consellería de Ánxela Bugallo, agás a recente declaración de San Mamés.
Seguramente alguén dirá que se investiu no deporte de base, pero agora véñenme á cabeza os casos de Rufino Regueira (nadador boirense que gañou varios campionatos de España e de Galicia) ou de Miguel Rodríguez Galbán (piragüista rianxeiro que logrou varias medallas en campionatos do mundo e de Europa) aos que lles negaron as becas no Centro de Tecnificación de Pontevedra; ou tamén podemos poñer o exemplo das traiñeiras onde se marxina a clubs como Cabo de Cruz, que participan na Liga ACT contra traiñeiras de Euskadi ou Cantabria, e as axudas que recibe son ridículas.
En definitiva, que o caso de David Cal é o máis soado pola repercusión mediática que ten, pero a política desenvolvida por esta consellería é bastante errática e orientada á promoción da esencia nacional-patriótica, e non do deporte propiamente dito.
Entry Filed under: BNG, Galicia, Persoal, Política, Xunta. Etiquetas: Ánxela Bugallo, BNG, David Cal, deporte, Galicia, nacionalismo.
9 Comments Add your own
Leave a Comment
Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed








1.
xoan | Enero 10, 2008 at 12:18 am
Moi acertada a tùa valoraciòn da labor da conselleria de deportes. Sò lles preocupa potenciar as seleccions autonòmicasn e do deporte de base nen se lembran. Non lle dan nen bocadillos aos rapaces
2.
Vítor Recarei Añón | Enero 10, 2008 at 5:23 pm
Os do PSG, dígoo aquí porque tiña ganas de dicilo, aínda que non sexa o sitio, sodes unha panda de hipócritas.
E digo isto despois de ver o espectáculo que se está montando estes días na Coruña.
Resulta que o PSG (ao igual que todos os partidos políticos) aproba en 1983 a Lei de Normalización Lingüística. Unanimidade.
Resulta que o PSG (ao igual que todos os partidos políticos) aproba en 2004 un Plan Xeral de Normalización Lingüística. Unanimidade.
Resulta que o PSG (ao igual que todos os partidos políticos) aproba recentemente unha iniciativa para promover o galego entre os cargos públicos. Unanimidade. Incluso co voto a favor de Mar Barcón, concelleira na Coruña.
E agora móntannos este espectáculo? Algúns pensabamos que despois da retirada de Sir Paco o conflito do topónimo e estes debates pasados ían quedar a un lado, pero xa vemos que non, que os progresistas hipócritas seguen a abundar no PSG.
Ninguén lle vai preguntar a Mar Barcón por que votou unha cousa no parlamento e agora fai outra na Coruña? Ninguén vai preguntar a Touriño porque os seus compañeiros non queren cumprir as leis nen ninguén ten pensado facerllas cumprir? Ninguén dentro do PSG vai dicir nin facer nada? Panda de hipócritas.
3.
alex | Enero 11, 2008 at 9:37 pm
O que dis non se axusta á verdade como supoño que sabes ou deberias saber. Supoño que ser del psoe en galicia hoxe obriga a darlle caña aos do bloque para tapar a pouca autonomía coa que vos movedes e o pouco peso que tedes con ZP.
4.
psoecoruna | Enero 24, 2008 at 11:54 am
O Presidente é Touriño, algo terá de culpa. Que cese á conselleira ou tamén é cómplice
5.
ppcoruna | Enero 24, 2008 at 2:53 pm
A culpa é de Felipe
6.
bngcoruna | Enero 24, 2008 at 2:54 pm
eu penso que habería que cesar a Quintana
7.
Carlos | Enero 31, 2008 at 2:03 pm
A señora Bugallo non estaba preparada politicamente para dirixir a consellería.
8.
Tacho | Febrero 21, 2008 at 1:50 pm
No caso particular de davil cal, creo que é máis un problema de tensións, para ver a ta onde chega cada quen.
Certamente e sendo extrictos, se os clubs temos que presentar unha documentacion, e él non o fixo, nin en prazo nin en forma, ou eso din dende a conselleria, é normal que non teña ás axudas. Todo esto cos papeis na man, porque a verdade, un galego que gaña medallas olímpicas non debería que pasar po eses trámites…
Por eso, que hai ocasions onde é mellor non xuntar a política co deporte, que creo que foi o que pasou neste caso¡
9.
guillermo | Agosto 18, 2008 at 12:42 am
Xa viran as eleccions e as conselleiras de nivel rastrero iran de volta para a sua casa.
Non se insulta nin se desprecia a homes e mulleres que levan dignamente o nome de Galicia polo mundo adiante, con gran esforzo.
E vos queredes ensinar nacinalismo, IDE A RAÑALA