Pizarro, a gran fichaxe

Enero 15, 2008

Manuel Pizarro

Parece que Mariano xa está perfilando as candidaturas e o seu próximo goberno. O novo e flamante fichaxe de Rajoy para formar parte das listas é Manuel Pizarro, que ademais -segundo informa a Cadena Ser- vai a ser tamén o que xestione o Ministerio de Economía, no caso de que o líder popular sexa o próximo presidente do goberno.Pizarro é bo amigo de Aznar, e destacou, sobre todo durante esta lexislatura, por converterse no brazo armado do PP e loitar con uñas e dentes contra a OPA que Gas Natural lle lanzou á eléctrica Endesa –compañía que presidía desde o ano 2002 por obra e gracia do goberno de José Mari-. Pizarro, desde logo, estes servizos ao PP de Rajoy e Aznar non eran gratuítos, e moito menos un favor persoal, xa que o candidato a Ministro de Economía de Rajoy cobrou no ano 2006 un “ridículo” soldo de 3,2 millóns de euros (máis de 532 millóns de pesetas), un 38 por cento máis do que percibira no ano anterior. En definitiva: ¡¡unha miseria!!.

Pero, vendo os galácticos que o candidato Rajoy está a fichar, eu estou impaciente por coñecer a totalidade das súas listas, porque non me estrañaría que dentro das súas incorporacións aparezan nomes coma o do cardenal Rouco Varela, que ben podería dirixir o novo Ministerio da Familia que xa prometeu Mariano, ou é que quizais non o merece tanto coma Pizarro. Jiménez Losantos -ese comunista reciclado- podería ser un excelente portavoz do goberno, Alcaraz, o presidente da AVT, sería un magnífico ministro do Interior, … ; eu a verdade vou a seguir ansioso o desenlace das listas populares.

Entry Filed under: PP, Política, Xerais 2008. Etiquetas: , , , , .

2 Comments Add your own

  • 1. Delfín  |  Enero 15, 2008 at 2:40 am

    Meu, non lle sigas a dar ideas, a ver se cho toma en serio, e logo méteos na lista e teñen que pedir a excendencia nas súas funcións, e témolos no Congreso pateando as bancadas.
    ufff que arrepío.

  • 2. Rubin de Cendoya  |  Enero 15, 2008 at 6:03 pm

    Blas, podesvos imposibles coa campaña.

    Gracias a gestión de Pizarro muitos españoles gañamos uns euros. Se se deixara levar polo impulso de Moncloa, hoxe teríamos estampiñas de “la moreneta”, porque regalar Endesa por 20 papeletas de gas natural ou cobrar 40€ non hay coor.

    Si fora posible unha xestión no ministerio como fixo en Endesa, eu votáballe.

    Non vos recomendo meterse moito coa sua candidatura, millor que pase a sorpresa.

    Ademais serviu pra que se falase menos de que Zapatero seguiu negociando coa ETA despois dos dous asesinatos da T4

    Saude

Leave a Comment

hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


O último

O máis ollado

Calendario

Enero 2008
L M X J V S D
« Dic   Feb »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Comentarios

jlprieto.net … en Unha promesa electoral
Miguel en Un asasino menos
Delfín en Como conseguir un coche g…
adrian en Como conseguir un coche g…
Javier en U-lo coche de Touriño?
pasaba por aqui en U-lo coche de Touriño?

Blogs Socialistas

Recomendacións

Webs de Información

Webs Socialistas

Xeral

Arquivos

Meta

RSS PSdeG-PSOE

RSS El País Galicia

RSS Público

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Categoría Nube

Autonómicas 2009 Barça Barbanza Blogs Socialistas BNG Boiro Curiosidades DdC Deportes Enlaces Fórmula 1 Familia Fene Galicia Goberno Humor Música Medios de Comunicación Municipais 2007 Persoal Política PP PSdeG-PSOE PSOE Publicidade Recomendacións Webs de Información Xerais 2008 Xeral Xunta

Etiquetas

Fotos

Paula pintando

Paula pintando

Nerea pintando

Pintura

Nerea pintando

More Photos