Por que no PP non dimite ninguén?
Febrero 4, 2008

¿Por que no PP nunca dimite ninguén?. Digan o que digan, fagan o que fagan é igual, eles nunca son responsables de nada. Pero despois teñen a desfachatez e a caradura de pedirlle responsabilidades aos demais –por calquera cousa-, porque eles sempre son os máis castos e os máis puros.
Un Conselleiro de Sanidade, co amparo dunha Presidenta Autonómica, atrévese a acusar a uns profesionais da menciña de “asasinar” a centos de pacientes terminais pola súa neglixencia. Anos despois a xustiza resolve o sobreseimento do caso, e di que non se produxo mala praxis médica. Pero no PP, tras a sentencia, acordan facer corporativismo e dicir que non pasou nada, que non cometeron ningún erro, que fixeron o correcto. ¡¡Que caraduras!!, ¡¡que pouca vergoña!!.
Lamela, Esperanza e Rajoy din que non pasou nada, que todo o que fixeron está ben feito; total só desprestixiaron a uns médicos. ¡¡Iso non é nada!!, ¡¡unha pequena broma!!. A verdade é que non temos sentido do humor.
¿Que pasaría se esto acontecese en Aragón, Andalucía ou Galicia?. ¿Que diría Rajoy, Acebes e Esperanza?. ¿Cal é o verdadeiro tamaño da vara de medir do PP?
1 Comment Add your own
Leave a Comment
Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed








1.
heladio | Febrero 12, 2008 at 6:45 pm
como xa sabemos de que van, (cinicos, mentirosos, embaucadores, “”podria seguir, pero por non ferir oidos e por respeto a ete blog….”") en este caso so cabe lembrar que o director das urxencias ten que ser restituido no seu posto, “”as malas practicas”" fixeron moito ben a moita xente, na que incluo a miña nai, e incluso seria mais atrevido ainda, quixera que mas fixesen a min. Pero de xente que, mentres levaban as fillas a londres a abortar, condenaban as nenas embarazadas……….
que imos decir que xa non estea dito.