Eu non son racista, pero …!!

Abril 9, 2008

As últimas semanas vimos como xurdiron protestas veciñais en barrios das cidades de A Coruña, Pontevedra e Poio polo realoxo de familias xitanas. Estes veciños que se decidiron a saír á rúa protestan e maniféstanse porque non queren convivir con estas familias de outra raza; e a escusa que poñen é que non é porque sexan xitanos, senón porque non queren convivir con traficantes de droga.

O que máis me sorprende da actitude destes veciños son os “clichés” nos que se moven, que por desgracia son os mesmos que aplica e emprega o resto da sociedade. XITANO=DROGRA. Pero o peor é que cando falamos de racismo o habitual é dicir que non somos racistas, que respectamos a todo o mundo, pero non somos capaces de tratar a persoas de igual xeito a persoas doutras razas ou doutra cor. Claro, pero para todo hai excepcións porque se estes xitanos fosen as irmáns Encarni ou Toñi Salazar (Azúcar Moreno), os futbolistas José Antonio Reyes (Atlético de Madrid) ou Jesús Navas (Sevilla), o bailarín Joaquín Cortés, ou calquera outro famoso as manifestacións veciñais serían para recibilos e pedirlle autógrafos.

Como podemos ser tan hipócritas?. Agora mesmo acabo de ver a unha destas veciñas nun programa de televisión dicindo que ela non é racista … que ata ten amigos “negritos”. Cando vamos a aprender a respectar aos demais?. Calquera persoa ten dereito a vivir dignamente e de ter a posibilidade de integrarse na sociedade, sexa da raza que sexa, porque non todos os xitanos son malos ao igual que non todos os paios son bos.

Entre as persoas “normais” –definición empregada habitualmente polos “nonsonracistaspero”- tamén hai persoas que trafican con droga, pero estes non son marxinados polo seu entorno porque habitan en pazos e conducen Audi´s e teñen restaurantes e negocios prósperos que empregan para branquear os millóns de euros que gañan a costa das vidas de milleiros de persoas e da destrucción de centos de familias. Pero contra estes narcotraficantes que todos e todas coñecemos e cos que nos cruzamos pola rúa non nos atrevemos a manifestarnos e moito menos a insultalos. Lembro o exemplo daquel “narco” famoso dos anos noventa que ata foi presidente do equipo de fútbol do seu pobo e que logrou ascender ata Segunda División B a base de talonario, e os seus veciños e veciñas facíanlle homenaxes e coreaban o seu nome; pero, por desgracia este non é o único exemplo.

En definitiva, que preferimos vivir cun narcotraficante poderoso e recoñecido que cun xitano, pero non, non somos racistas, pero …

Entry Filed under: Galicia, Persoal. .

4 Comments Add your own

  • 1. vituco  |  Abril 9, 2008 at 11:36 am

    Efectivamente, eles non son racistas, pero… si que o son. Tal vez non o son á maneira dunha persoa de extrema dereita e sonno máis por clichés sociáis (xitano=ladrón e traficante, musulmán=terrorista…) Pero o máis triste de todo isto é que sempre imperan neste tipo de situacións os peores exemplos, e casos coma o de Avilés que foi galardoada duas veces co premio Habita pola erradicación do chabolismo e a integración do pobo xitano apenas se coñecen. Parece que nunca aprenderemos
    Bravo polo teu post Blas

  • 2. blas  |  Abril 9, 2008 at 12:43 pm

    Grazas Vituco

  • 3. Lucio Voreno  |  Abril 11, 2008 at 2:19 am

    Pero vos que contos nos queredes contar? Ou eso ou e que tratastedes pouco con xitanos. Claro que hai xitanos honrados pero eses son a minoría. E esto non é unha cuestión de racismo, senón que é un feito comprobable. Eu teño un negocio, as tres veces que me intentaron roubar, as tres veces xitanos. Minto, houbo unha cuarta, neste caso eran rumanos, xitanos tamén por suposto.

  • 4. blas  |  Abril 11, 2008 at 2:06 pm

    Lucio, creo que o teu comentario coméntase por si só.

    Grazas por visitar este blog.

Leave a Comment

hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


O último

O máis ollado

Calendario

Abril 2008
L M X J V S D
« Mar   May »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  

Comentarios

Freiman en Aminatou e o foco mediáti…
Freiman en Cayo Lara e o Rey
Freiman en Lage, un amigo. Intervención n…
Freiman en Outra folga de fame
Freiman en O Chorizo de Rajoy
cata en O Chorizo de Rajoy

Blogs Socialistas

Recomendacións

Webs de Información

Webs Socialistas

Xeral

Arquivos

O meu Twitter

Meta

RSS PSdeG-PSOE

RSS El País Galicia

RSS Público

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Categoría Nube

Autonómicas 2009 Barbanza Barça Blogs Socialistas BNG Boiro Curiosidades DdC Deportes Enlaces Familia Fene Fórmula 1 Galicia Goberno Humor Medios de Comunicación Municipais 2007 Música Persoal Política PP PSdeG-PSOE PSOE Publicidade Recomendacións Webs de Información Xerais 2008 Xeral Xunta

Etiquetas

11 Congreso 37 Congreso Alonso Autonómicas 2009 Aznar Barbanza Barça Blas blog Blogs Socialistas BNG Boiro Briatore campaña electoral DdC Dennis España FC Barcelona Feijoo Fernando Fernando Alonso Fórmula 1 Galicia Hamilton Humor La Voz de Galicia McLaren Mercedes Mos Muxía Mª Amelia Nerea Núñez Feijóo Paula PP PPdeG PSdeG PSdeG-PSOE PSOE Rajoy Recomendacións Touriño Xerais 2008 XSG Zapatero

Fotos

Cumple de Nerea

Cumple de Nerea

Cumple de Nerea

Cumple de Nerea

Cumple de Nerea

More Photos