Celso García de la Riega
Abril 11, 2008

Na web do PSdeG-PSOE (www.psdeg-psoe.com) vimos de iniciar unha nova sección, á que por certo aínda non lle puxemos nome e para a cal podedes facer propostas, desde a cal vos vamos a dar a coñecer a diversas persoas que forman parte desta organización ben como afiliados ou como simpatizantes.
Á primeira persoa que decidiron deste o Departamento de Comunicación é Celso García de la Riega, o militante máis vello do PSdeG. Este home natural de Pontevedra e que ten case 93 anos ten moitas cousas que contar, xa que a súa vida estivo marcada por innumerables feitos e ademais mantivo relación con persoaxes ilustres e populares do noso País – Borobó, Castelao ou Bóveda-.
Celso amósanos que é unha persoa con moitas lembranzas, pero tamén con moitas ganas de vivir e moi ilusionada, que remata dicindo: “… teño aínda futuro por diante, espero votar no 2012”
Entry Filed under: Galicia, PSOE, PSdeG-PSOE, Política, Recomendacións. Etiquetas: Galicia, PSdeG, PSdeG-PSOE, web.
3 Comments Add your own
Leave a Comment
Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed








1.
Delfín | Abril 12, 2008 at 4:40 pm
Unha iniciativa extraordinaria dar a coñecer a experiencia vital desta “bella” garda. Deseguro que terán moito que amosar e compartir aos “novos”. Un pasado para o futuro.
Saúdos.
2.
frmartinez | Abril 13, 2008 at 11:04 pm
Por coherencia e por contraste, o seguinte debería ser o militante máis novo. Xunto os máis veteranos, lóxico é botar luz sobre as castes máis novas. Por certo, Blas, quero felicitarte e ti e todos os compañeiros do partido polo voso excelente traballo coa páxina web. Seguide así!!!
3.
blas | Abril 14, 2008 at 12:03 am
Grazas Paco polos teus parabéns.
Dicirte que o que ti propós xa está previsto, ademais adianto que unha das vindeiras entrevistas é unha persoa que milita nas XSG e que é moi coñecida.