Archive for 22/04/08

E o PP?. Ben, grazas

En Libertad Digital non respectan xa nin a Don Manuel. Non é raro tampouco coñecendo a súa liña editorial e os individuos que manexan as teclas deste xornal(???) dixital.

Está claro que a aposta de Fede non é Rajoy, e polo tanto calquera que saia na súa defensa, ou que se atreva a criticar a Esperanza vai a ser diana das críticas destes “ayatolás” da información.

Acabo de botarlle unha ollada e atópome con que de Fraga din:

Fraga, que en 1989 quiso colocar a Isabel Tocino al frente del PP hasta que varios dirigentes tuvieron que convencerle de que debía ser Aznar, y que jamás consiguió ganar unas elecciones generales se dedica ahora a dar lecciones.

E de Rajoy, no seu editorial, afirman que:

Quien, como Rajoy, hace gala de “tener cabeza, entre otras cosas, para utilizarla”, debería ser el primero en ser consciente de la empanada mental que padece o la confusión mediática que genera quien hace un discurso como el que él pronunció en Elche.

Por criticar, Libertad Digital ata critica a web do PP:

La web del Partido Popular, que después del despliegue electoral vuelve a su anodino aspecto habitual.

E eu que pensei que era duro en ocasións coas críticas que lle facía a Rajoy ou a Fraga, a verdade e comparándome con estes individuos debo recoñecer que son un “blando”.

Non hai peor inimigo que o que tes na casa!!!.

20:35 h. Actualización

Non consigo saír do meu asombro, xa que acabo de ler o blog de Federico –é a primeira vez, confésoo- e ata me puxen colorado pola vergoña. Menudos eloxios lle dedica a Rajoy!!. Non lin nunca algo tan “faltón” e insultante. Dicíame agora Fernando –un compañeiro de traballo- que tiñamos que incluílo na blogosfera socialista, pero eu creo que aos dous días tiñamos que botalo por excesivo, desmedido, infame e inxurioso. Fixádevos nalgunhas cousas que di:

“Es verdad que a quien Mariano busca provocar no como un presidente, ni siquiera como un militante, sino como un navajero de barrio es a Esperanza Aguirre”

“Nunca pensé que Rajoy pudiera comportarse tan aviesamente y debo pedir públicamente disculpas a todos aquellos a los que influí o convencí para que lo votaran en las últimas elecciones”.

“Llevo muchos años viendo en primera fila el circo político nacional pero nunca el espectáculo de que un oso torpón resultara serpiente”.

“Responde perfectamente a la zafiedad ideológica de los Arriolalobos”.

“Gallardón, ese Barrabás disfrazado de Mesías”.

Máis aquí.

1 comment Abril 22, 2008

115 dólares

Eu non é por meter o dedo na ferida, nin moito menos por lembrar o pasado –aínda que de vez en cando é bo telo presente-, pero hoxe resulta que o barril de petróleo supera os 115 dólares. Case nada!!.

Esto tráeme á cabeza aquelas afortunadas palabras da ministra Ana de Palacio nas que manifestaba que co inicio da Guerra de Iraq xa notabamos o descenso dos prezos da gasolina e o gasóleo. Creo que sobran os comentarios porque a realidade é palpable para todos. O prezo do barril de Brent subiu dende o ano 2003 –ano da invasión a Iraq- ata este ano sobre 90 dólares.

A ascensión do prezo do gasóleo e da gasolina non ten límite, eu só sei que antes enchía o depósito do coche por 40 euros e agora cústame 65, e todo polo capricho e a chulería de Bush, Blair, Aznar e Durao Barroso.

Ver comparativa prezos petróleo.

2 comments Abril 22, 2008


O último

O máis ollado

Calendario

Abril 2008
L M X J V S D
« Mar   May »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  

Comentarios

José-Luis Prieto en É o momento moving
Pablo Santiago en Escríbelle a Isaac Díaz P…
Pablo Santiago en Un “amor” esp…
Demiurgo en Un pouco de historia
MILITANTE DISOLTO DE… en Un pouco de historia
Victor Conde en Un pouco de historia

Blogs Socialistas

Recomendacións

Webs de Información

Webs Socialistas

Xeral

Arquivos

O meu Twitter

Meta

RSS PSdeG-PSOE

RSS El País Galicia

RSS Público

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Categoría Nube

Autonómicas 2009 Barbanza Barça Blogs Socialistas BNG Boiro Curiosidades DdC Deportes Enlaces Familia Fene Fórmula 1 Galicia Goberno Humor Medios de Comunicación Municipais 2007 Música Persoal Política PP PSdeG-PSOE PSOE Publicidade Recomendacións Webs de Información Xerais 2008 Xeral Xunta

Etiquetas

11 Congreso 37 Congreso Alonso Autonómicas 2009 Aznar Barbanza Barça Blas blog Blogs Socialistas BNG Boiro Briatore campaña electoral DdC Dennis España FC Barcelona Feijoo Fernando Fernando Alonso Fórmula 1 Galicia Hamilton Humor La Voz de Galicia McLaren Mercedes Mos Muxía Mª Amelia Nerea Núñez Feijóo Paula PP PPdeG PSdeG PSdeG-PSOE PSOE Rajoy Recomendacións Touriño Xerais 2008 XSG Zapatero

Fotos

Pintada amorosa

Entradas Fito

Manifestación en Silleda

Manifestación en Silleda

Manifestación en Silleda

More Photos