Oh, sorpresa!!
Mayo 5, 2008
Dando un “paseiño” pola rede acabo de atoparme cunha moi grata sorpresa: Mar Barcón ten un blog!!.
Menuda alegría descubrir que cada día somos máis os que nos atrevemos a escribir e facer públicas as nosas opinións; aquelas cousas que pensamos e o que cremos sen temor nin rubor a que nos lean, e ata asumimos o reto de que poidan comentar e opinar sobre as nosas reflexións. Ter un blog é algo así como contar cun diario de confesións pero ao que todo mundo pode acceder, por iso considero que é un acto de valentía, e máis para persoas como Mar, que pola súa vida política forman parte dese escaparate público ao que parece que é máis doado atacar e criticar.
Pero se algo teño claro é que Mar non é covarde, nin se agacha nunca. Por iso non podo facer outra cousa que felicitala pola súa iniciativa e darlle as grazas por dar este paso, porque con ela xa sumamos un/unha máis.
Así que quedades todos e todas convidadas a visitar o diario de Mar Barcón.
Entry Filed under: Blogs Socialistas, Enlaces, Galicia, PSdeG-PSOE, Política, Recomendacións. Etiquetas: Galicia, Mar Barcón, PSdeG, PSdeG-PSOE.









Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed