De concerto

Junio 21, 2008

O venres estivemos no Multiusos do Sar no concerto de Juanes. Fomos varios compañeiros de traballo: Víctor e a súa dona Pilar, Fernando Martínez, Eva, Ánxela, a miña muller –Eva- e eu. Alí atopámonos con bastantes coñecidos que tamén decidiran ir a disfrutar da música deste fantástico cantante colombiano.

Ás cancións máis populares: La camisa negra, Volverte a ver, Para tu amor ou a Dios le pido, coa que comezou o concerto; sumou as cancións máis novas, as do seu novo disco La vida es un ratico. O concerto foi subindo en intensidade e forza a medida de que pasaban as cancións, e rematou despois de dúas horas de calor intenso e de moito baile e suor.

Eu, a verdade, ía un pouco temeroso, xa que a acústica do Multiusos non é a mellor para este tipo de concertos, pero teño que recoñecer que ao final o son era bastante bo, e as gorxas das máis de sete mil persoas que estabamos alí disfrutamos enormemente cun concerto maxistral.

A min gústanme todas as cancións de Juanes, pero especialmente Fotografía, que canta con Nelly Furtado, aínda que o venres cantouna el só.

Entry Filed under: Familia, Galicia, Música, Persoal. Etiquetas: , , , .

Leave a Comment

hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


O último

O máis ollado

Calendario

Junio 2008
L M X J V S D
« May   Jul »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

Comentarios

jlprieto.net … en Unha promesa electoral
Miguel en Un asasino menos
Delfín en Como conseguir un coche g…
adrian en Como conseguir un coche g…
Javier en U-lo coche de Touriño?
pasaba por aqui en U-lo coche de Touriño?

Blogs Socialistas

Recomendacións

Webs de Información

Webs Socialistas

Xeral

Arquivos

Meta

RSS PSdeG-PSOE

RSS El País Galicia

RSS Público

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Categoría Nube

Autonómicas 2009 Barça Barbanza Blogs Socialistas BNG Boiro Curiosidades DdC Deportes Enlaces Fórmula 1 Familia Fene Galicia Goberno Humor Música Medios de Comunicación Municipais 2007 Persoal Política PP PSdeG-PSOE PSOE Publicidade Recomendacións Webs de Información Xerais 2008 Xeral Xunta

Etiquetas

Fotos

Paula pintando

Paula pintando

Nerea pintando

Pintura

Nerea pintando

More Photos