O Presidente, e punto
Enero 15, 2009
Eu creo que despois de ver a liña de precampaña do PSdeG e do seu candidato, pouco máis queda que dicir. A campaña pode gustar ou non, pero o que non se pode poñer en dúbida é que Galicia ten un presidente, e que este é Touriño.
Seguramente, algúns dos opinadores asalariados criticarán a campaña por imitar a de Obama, e que?, todos os partidos nestas eleccións levan falando do fenómeno Obama, uns empregando e traducindo o célebre Yes we can, outros atribuíndose o papel do futuro presidente americano, e todos envexando o éxito do ex senador de Illinois.
A campaña é un acerto, aínda que seguramente pensedes que eu non sexa o máis obxectivo para valoralo, pero a min gústame polo sinxela e directa que é, e ás veces na facilidade está o éxito.
E outro acerto é a música que nos vai a acompañar durante esta campaña e que prometo que mañán vos colgarei para que a poidades descargar: “Quen puidera namorala”, de Luis Emilio Batallán (música) e Álvaro Cunqueiro (letra)
A.M.
Entry Filed under: Autonómicas 2009, Galicia, Goberno, PSdeG-PSOE, Persoal, Política, Xunta. Etiquetas: Autonómicas 2009, PSdeG, PSOE, Touriño.
3 Comments Add your own
Leave a Comment
Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed









1.
xiabre | Enero 15, 2009 at 4:23 pm
Navalla de Occam: en igualdade de condicións a solución máis sinxela é probablemente a correcta.
Sempre me pareceron moi efectivas a campañas sustentadas no sobrio, sen grandes alardes; estando nun bipartito é fundamental reforzar a figura de “O PRESIDENTE”, polo tanto paréceme acertadísima.
Por certo Blas, supoño que xa coñecerás esta páxina que che deixo por si vos é de utilidade. Saudos
http://eleccions2009.wordpress.com/
2.
Antiacucola | Enero 16, 2009 at 10:03 am
Por qué das por feito que quen critique ao teu Presidente é un asalariado da parte contraria?.
Pois pa que sepas, estou sin traballo e sin paro.
E pa que sepas, no 1982 fixen a campaña do cambio de Felipe Gonzalez “gratis”, sendo militante de base e rompendo a miña afiliación ca entrada de España na OTAN.
Moito “cambiou” este partido, si Iglesias levantase a cabeza…..
3.
Outras | Enero 16, 2009 at 1:45 pm
http://wiki.chuza.org/images/c/c8/OPresidente.jpg