Outro Congreso máis …

Abril 26, 2009

Louro, Mar e un cacho de Ricardo (os meus tres xefes)

Louro, Mar e un cacho de Ricardo (os meus tres xefes)

Outro congreso máis, e xa van … catro; unido ás moitas campañas realizadas -desde as autonómicas do 2001-, aos centos de actos organizados, e a tantas e tantas actividades, historias, anécdotas, e as moitas e moitas e moitas horas de traballo nestes oito anos na Rúa do Pino fixéronme plantexarme e pensar se non será o momento de cambiar de aires, de buscar outra actividade profesional. A verdade é que nestes anos traballando na Organización do PSdeG estiven feliz, porque traballaba no que me gusta, servíume para aprender, para coñecer xente, …, cantas boas persoas forman este Partido!!!, para madurar, para volverme máis agrio e borde no carácter, para coñecerche a ti, para disfrutar coas victorias, para sufrir coas derrotas, …, oito anos no PSdeG dan para moito!!!.

Antón Louro -noraboa Delegado- foi o que me levou para a Secretaría de Organización, aínda que Lage foi o que me levou para o Pino, para traballar nas XSG. Ricardo Varela foi o meu seguinte xefe e co que vivín a época máis gloriosa, e Mar Barcón a última e coa que menos traballei, por desgracia; de todos aprendín algo, cada un distinto no seu carácter e na súa forma de actuar; e agora vou a ser políticamente correcto e non vou a decir cal foi o mellor. Traballei só para un Secretario Xeral, para Emilio Pérez Touriño, hoxe emocioneime cando o vin no Congreso, e cando os asistentes posto en pé lle aplaudiron durante bastante tempo. Pero sen dúbida o mellor de todo foron e son os meus compañeiros e compañeiras de traballo, uns máis que outros, non cabe dúbida, porque houbo instantes de tensión, de alegrías, de desconfianza, de comentarios e cotilleos, de ceas e xantares, de risas e lágrimas, …, pero momentos que non son nada diferentes aos que se viven en calquera familia.

A verdade é que me estou poñendo triste e melancólico lembrando todo o vivido, e este Congreso Extraordinario, estes dous días en Pontevedra fixeron, como vos dicía ao principio, plantexarme moitas cousas sobre a miña vida laboral. Agora toca pensar, falar, reflexionar, … pensar no futuro persoal.

Este Congreso marca unha nova etapa no PSdeG, un antes e un despois para todos os que formamos esta gran familia, un momento no que hai que traballar a reo, máis que nunca. E no que non podemos pensar que vai a haber mesías ou que hai unha variña máxica que vai a resolver todos os problemas. Nin Pachi, nin Mar, nin Pablo, nin a nova Executiva van a resolver sós os problemas e a sacarnos desta situación, aquí todos e todas as militantes e simpatizantes van a ter que arrimar o ombreiro e traballar duramente. E eu estarei, coma sempre, traballando para o PSdeG, sexa onde sexa estarei dandoo todo, porque loitarei sempre por defender as miñas ideas.

A.M.

Entry Filed under: Barbanza, Boiro, Galicia, PSdeG-PSOE, Persoal, Política. Etiquetas: .

7 Comments Add your own

  • 1. Javier Castiñeiras  |  Abril 26, 2009 at 7:00 pm

    GRACIAS

  • 2. Freiman  |  Abril 26, 2009 at 9:23 pm

    * Antón Louro volta a Galicia tras estar “afastado” do carón de Emilio P. Touriño, coma Delegado do Goberno. Manolo Ameijeiras volta ó seu campo profesional, da man de Pepe Blanco, pra dirixir a Dirección General de Aviación Civil. Unha grande persoa, respetado e apreciado por moitos. ¡Sorte pra ambolos dous!

  • 3. Compañeira  |  Abril 27, 2009 at 11:44 am

    Estimado compañeiro, sei como te sintes, as persoas que máis traballan por e para este partido son as que ao final nos dan o peor pago. Xa o decía miña nai “escusas de matarte tanto a traballar que total para o que cho van a agradecer”, canta razón tiña.

  • 4. Cobra  |  Mayo 4, 2009 at 11:35 am

    Alegrome polo partido que te vaias dunha vez,creo que é o mellor para o PSdG.Sinceramente o penso,eres unha persoa que non aporta nada positivo,simplemente conflicto.Espero que te vaias moi lonxe…ata nunca

  • 5. Compañeira  |  Mayo 4, 2009 at 12:27 pm

    Cobra, o teu nome xa o di todo de ti, está claro que es malo e arrastrado como o becho.

  • 6. Cobra  |  Mayo 5, 2009 at 11:29 am

    Grazas,esas palabras son alentadoras para a miña persoa,malo si que son pero non arrastrado,xa que non vou lamendo cús a doquier por ahi…AVE CESAR…

  • 7. blas  |  Mayo 5, 2009 at 11:38 am

    Grazas a todos e a todas polos vosos comentarios. Pero moi especialmente a Cobra, de verdade que as túas palabras emocionáronme a tal extremo de case caerme as bágoas. Sinto en cada unha das frases que escribe moito cariño e afecto cara a miña persoa; eu, non poido dicir que sinta o mesmo por ti, pero sinxelamente porque non sei quen eres.

    Moitas grazas.

Leave a Comment

hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


O último

O máis ollado

Calendario

Abril 2009
L M X J V S D
« Mar   May »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930  

Comentarios

José-Luis Prieto en É o momento moving
Pablo Santiago en Escríbelle a Isaac Díaz P…
Pablo Santiago en Un “amor” esp…
Demiurgo en Un pouco de historia
MILITANTE DISOLTO DE… en Un pouco de historia
Victor Conde en Un pouco de historia

Blogs Socialistas

Recomendacións

Webs de Información

Webs Socialistas

Xeral

Arquivos

O meu Twitter

Meta

RSS PSdeG-PSOE

RSS El País Galicia

RSS Público

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Categoría Nube

Autonómicas 2009 Barbanza Barça Blogs Socialistas BNG Boiro Curiosidades DdC Deportes Enlaces Familia Fene Fórmula 1 Galicia Goberno Humor Medios de Comunicación Municipais 2007 Música Persoal Política PP PSdeG-PSOE PSOE Publicidade Recomendacións Webs de Información Xerais 2008 Xeral Xunta

Etiquetas

11 Congreso 37 Congreso Alonso Autonómicas 2009 Aznar Barbanza Barça Blas blog Blogs Socialistas BNG Boiro Briatore campaña electoral DdC Dennis España FC Barcelona Feijoo Fernando Fernando Alonso Fórmula 1 Galicia Hamilton Humor La Voz de Galicia McLaren Mercedes Mos Muxía Mª Amelia Nerea Núñez Feijóo Paula PP PPdeG PSdeG PSdeG-PSOE PSOE Rajoy Recomendacións Touriño Xerais 2008 XSG Zapatero

Fotos

Pintada amorosa

Entradas Fito

Manifestación en Silleda

Manifestación en Silleda

Manifestación en Silleda

More Photos