U-lo coche de Touriño?
Junio 8, 2009

Neste luns de resaca electoral venme á memoria a campaña das pasadas elecciónns autonómicas; a fantástica, a limpa e pulcra campaña desenvolvida polo PPdeG e Feijóo.
Pois si, hoxe véñenme lembranzas do coche de Touriño, o famoso coche do Presidente da Xunta que tanto xogo lle dou a Feijóo, a Rueda e aos dirixentes populares; e que decidiron popularizar e convertir nun ariete contra o Partido Socialista. Pero desgraciadamente, transcurridos tres meses, xa ninguén se acorda do Audi de Touriño, ninguén pregunta onde está, que foi del, que fixo Feijóo e o novo goberno co famoso coche, con ese exemplo do despilfarro e do luxo do bipartito –tal e como o dicían os populares-, ese coche que valeu máis de catrocentos mil euros, que era máis caro que o de Obama. Pero que en realidade foi máis barato que o de Ruíz Gallardón, o Esperanza Aguirre ou de Camps; e o de Obama só valeu tres veces máis, coa salvedade de que ten tres iguais. Pero que sen dúbida o PP lle supo quitar un enorme rendimento a base de falsedades, mentiras ao prezo do Audi A8 do presidente da Xunta de Galicia, e aproveitandose ademais dunha situación de crise.
Pasados máis de tres meses, e como suele pasar coas novas estrela, xa ninguén se lembra do “coche de Touriño”, a ninguén lle preocupa onde está esa máquina que custou tantos cartos, ou que fixo Feijóo con ela. O normal é que vendera o coche para non perder semellante gasto do bipartito, ou que, alomenos, se non conseguiu comprador, que o teña ben coidado. Pero, segundo me din, e espero que algún xornalista deste pais recolla o guante que lle lanzo e investigue se o que vou a decir é certo; parace ser que está abandonado nos garaxes de San Caetano, cheo de polvo e lixo, e agachado para que ninguén o vexa. Agora xa non é actualidade, o Audi A8 ficou no olvido, xa ninguén fala del nas tertulias radiofónicas, nos confidencias, nin nos diarios dixitais; xa non se acorda del nin o ABC.
Polo tanto, o símbolo do despilfarro do bipartito e de Touriño, segundo dicía o PP, agora convertiuse en abandono e deixadez por parte da Xunta de Feijóo, que sen dúbida foi o dirixente político que mellor rendabilidade lle quitou a un coche oficial, sin nunca montarse nel.
Ademais, non é que Feijóo decidira castigar ao Audi A8 presidencial e agachalo, senón que tamén retirou da circulación aos outros dous Audis que usaba a Presidencia da Xunta, e que foran mercados na época de Fraga, porque como todo o mundo sabe, Alberto Núñez Feijóo é fiel a Citroen, e prefiere viaxar nun C6 fabricado en Francia.
Agora xa ninguén fala do Audi de Touriño, nin do Citroen de Feijóo, ao que non esquezamos que a fábrica de Vigo lle regalou un C6 cando era aspirante á presidencia da Xunta. Por certo, a quen lle poida interesar, o Secretario Xeral do PSdeG viaxa nun Peugeot 607 mercado polo propio partido, en reting, para máis información.
Eu só espero que algún día se faga xustiza, e os que mentiron e enganaron paguen as súas débedas; e tamén me gustaría que os xornalistas políticos deste país non se queden en meros comunicadores ou simple mercaderes do cotilleo político, e fagan xornalismo de investigación. E a ver quen é o primeiro que consigue unha foto exclusiva do Audi A8 defenestrado por Feijóo.
SQCQM
Entry Filed under: Autonómicas 2009, BNG, Galicia, Medios de Comunicación, PP, PSdeG-PSOE, Política, Xunta. Etiquetas: PSdeG, Touriño.
9 Comments Add your own
Leave a Comment
Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed








1.
Carmen | Junio 9, 2009 at 5:23 pm
Unha entrada do blog cargada de razón e moi ven argumentada. Unha pena que isto e moito màis non fora dito a tempo polas persoas q lle correspondía. Agora a mirar para adiante con gañas e valentía, como comentas ao PP xa se lle estàn vendo as malas mañas. Noraboa polo artigo!!!
2.
Víctor Pelaz | Junio 9, 2009 at 6:48 pm
Moi boa actualización, chea de razón, pero agora xa solo nos queda mirar cara adiante e saber facer política coma nunca antes, e sen esquencemos de Galicia e dos galegos a vez que miramos polo seu futuro e benestar.
Din que o tempo pon a xente no seu sitio, pero nunca darei entendido como a xente sabendo que esta tropa de populares, involucrados en tramas de espionaxe e de corrupción, segue impunes e nas filas políticas do PP e non os castigan a hora de votar. A ver se abren os ollos algún día!
Un saúdo e noraboa polo artigo!
3.
Geni | Junio 10, 2009 at 10:27 am
Iso que estas a decir, é o que tiñamos que decir na campaña electoral. Sempre pecamos do mismo, o noso problema é que queremos ser demasiado legais, que damos por feito que a xente é moi intelixente e que non vai creer nas mentiras que contan, pero temos que darnos conta, quea súas mentiras valen para a maior parte do pobo, máis que as nosas verdades. Temos que aprender a chegar a eles eu non sei como se fai pero temos tempo para aprender y nas próximas non pecar de pinpins, e non por a outra meixela. Temos que estar preparados para responder os golpes.
4.
redondela | Junio 10, 2009 at 4:29 pm
moi ben blas,encantoume a entrada,
estos do pp son a ostia,só queren fastidiar e enganar os galegos,pero coido q algún día farase xustiza e q o presidente touriño será recoñecido como un dos mellores.
por certo,sabias q cando era conselleiro de cultura suso varela,viña o chofer oficial a coller a súa nai para levala a santiago ou q o chofer viña o peirao a coller os chocos de redondela,mira como actuan os do pp,en fin……
5.
Froxán | Junio 10, 2009 at 10:56 pm
Esperamos todos que a verdade saia a luz ainda que sexa como lles pasa os afogados, que cando o cadaver entra en putrefacción sale a flote. Que pena que os estrategas do partido non souperan trasmitirlle a sociedade da honradez e austeridade do noso ex-presidente. Agora soio queda que o tempo faga xustiza e dende a oposición desenmascarar a éstes embaucadores .Noraboa pola argumentación.
6.
Geni | Junio 12, 2009 at 10:09 am
ahora as galescolas e a xente votando por eles. Eu xa non sei si cabrearme por que non merece a pena. Levamos tantos anos traballando por este país, para que logo a xente non sepa o que é o mellor, como llo podemos transmitir, como podemos chegar o pobo para que nos crean, como podemos decirlle que nos traballamos para todos e non para uns poucos con medios necesarios para vivir sin problemas. Teremos que chegar a pagar por todo ( medicina, educación. etc..) para que a xente se de conta do que é o P.P.
7.
pasaba por aqui | Junio 19, 2009 at 7:18 pm
Eu nin me acordo nin me importou no seu momento.
Eu acordome do lume, do “Cordero” e das piscifactorias que intentachedes meter a cañon.
Tamén macordo da lizenza que o voso actual lider quitou pra facer o chale, asi calquera, un tellado=chale.
Eu tamén espero que algun día se nos faga xustiza aos engañados, ese día uns de un e outro bando politico van a encher as carceres.
Non revolvades a merda, facede propostas con sentido e aplicadevos de verdade, queda moito por facer e este Feijoo estao a facer ben, que por encima é o que mais me fode.
8.
Javier | Junio 22, 2009 at 10:12 pm
Hola Blás: Esta mañán iba para Pontevedra as 7:30horas, é a miña sorpresa foi que polaautopista de Padrón a Pontevedra pasoume o cohe do Presidente TOURIÑO, o novo, solamente co conductor. Igual xa o iban levar para citroen de VIGO.
9.
Geni | Agosto 1, 2009 at 12:10 pm
por qué non lle preguntan a Nuñez Feijó que tal se viaxa nun audi a8 blindado pois el o sabe de cando foi conselleiro con Fraga do 2001 ao 2005