MJ
Julio 13, 2009
Michael morreu fai xa varios días, e eu levo outros tantos intentando escribir algo sobre el, pero a pereza e a falla de tempo son os culpables de que non o fixera aínda. Pero, hoxe é o día, de hoxe non pasa, e iso é debido ao que sentín onte pola noite disfrutando dun concerto do gran Jackson na 2 de TVE.
Vendo e escoitando a Michael lembrei os bos momentos que pasei co Rei do Pop; eu nunca fun deses fans, nunca fun moito de ídolos durante a miña xuventude. Só fun seguidor de MJ e de Mecano, ambos os dous desaparecidos, aínda que por circunstancias distintas.
Pois si, onte pola noite lembreime da miña xuventude, da primeira vez que vin o vídeo de Thriller e o impactado que quedei, era fin de ano e ademais emborracheime con champán –a miña primeira borrachera-, aínda que non por culpa do vídeo. Lembreime tamén de Manolo Casais, un amigo do Colexo Galaxia que estaba tolo por MJ; lembreime de Josecho e o ben que o imitaba bailando, algo que eu nunca puiden facer, porque o ritmo nos pés nunca foi o meu. Lembreime dos posters da miña habitación, …, lembreime do tempo que pasou.
Michael tivo unha vida difícil, unha vida chea de excentricidades e marcada pola súa infancia; podía gustarche ou non, pero o que ninguén podía discutir era a súa capacidade, o fenómeno que era. Cantaba, bailaba, compoñía, producía, e facía todo ben, e ademais foi un innovador en moitas facetas do mundo da música.
Michael, grazas por facerme lembrar, polo ben que o pasei véndoche, escoitándoche. Ti sempre serás o mellor.
AMMA
Entry Filed under: Música, Persoal. Etiquetas: Michael Jackson.
1 Comment Add your own
Leave a Comment
Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed








1.
Rubin de Cendoya | Julio 13, 2009 at 10:43 pm
Blas, sin elación con el post.
Hoy se cumplen 26 años del asesinato en Sopelana del policía Francisco García San Miguel natural de Guitiriz, nunca ningún alcalde de este pueblo se preocupó por él ni por su familia.
Una calle
Salud