Unha de pastuqui
Julio 14, 2009

“Aqui hay pelas para todos. Una pastuqui importante”. Este comentario podería estar relacionado coa financiación autonómica, e poderiao pensar ou decir calquera presidente dunha comunidade autónoma. Pero non, esto o dicía o famoso Correa, ese home que regalaba traxes, coches de luxo, viaxes, etc. e que tantas alegrías e bos momentos lle fixo pasar a ilustres Populares.
Non cabe dúbida de que Correa, o Bigotes, ou Pablo Crespo amasaron unha fortuna grazas a adxudicacións millonarias de CC.AA e concellos gobernados polo Partido Popular, e que esta historia do caso Gürtel ten moita tela que cortar –e vai con segundas-, e oxalá un día saia á luz toda a verdade; porque eu creo que detrás de todo esto non só están uns traxes para Camps, ou uns regalos en euros para Bárcenas ou Galeote, aquí hai máis chicha. Ou senón, porque aínda non cesou Rajoy a Bárcenas?, acaso ten medo que cante?.
Seguiremos esperando impacientes os acontecementos. Si dimite Camps, si cesan a Bárcenas, si salen as facturas da voda de Anita Aznar, si Rajoy dá a cara. Que fácil é predicar, pero cando hai que dar trigo, …, o Partido Popular nin está, nin se lle espera.
AM
Entry Filed under: Fórmula 1, Galicia, PP, Persoal, Política. Etiquetas: PP, Rajoy.








Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed