Nove anos de Festa
Septiembre 10, 2009

Un ano máis os e as socialistas de Galicia imos a celebrar a nosa Festa. E con este van nove edicións, nove anos.
Non quero facer unha lembranza dos orixes da nosa Festa, porque non quero quedar coma o avó que conta as súas batallitas, e ademais creo que nun post anterior xa fixen algo de historia.
O que si é certo, é que esta edición é distinta a todas as anteriores, distinta por moitas causas, por moitos motivos. As cousas cambiaron moito, tanto que xa case nada é igual. Pero seguiremos loitando e traballando, como non podía ser doutro xeito, para que a novena edición saia o mellor posible, e para que os compañeiros e compañeiras que asistan, marchen contentos para as súas casas.
Espero poder contarvos como foi, como saiu todo, e tamén que vós me contedes no que fallamos, onde cometemos os erros, que vos gustou máis, …; para que na décima edición, se seguimos por aquí, podamos mellorar. Aínda que si vos digo que ninca conseguiremos facer a Festa perfecta, sempre haberá algún erro.
AM
Entry Filed under: Galicia, PSdeG-PSOE, Persoal, Política. Etiquetas: Festa, Galicia, PSdeG.
2 Comments Add your own
Leave a Comment
Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed








1.
Pablo Santiago | Septiembre 10, 2009 at 4:25 pm
Que o pasen ben. Escollan un menú axeitado desta…
2.
xiabre | Septiembre 11, 2009 at 1:03 pm
agardo que este año non teñades corraliño de ovellas para os que non PODEN pagar a comida ou simplemente non poden quedarse a comer, é unha imaxe lamentable