Adeus e grazas a Manuel Velo

mayo 27, 2011 at 1:26 pm 1 Comentario

Acábome de enterar de que Manuel Velo Velo non vai a tomar posesión como concelleiro. Esa nova para Boiro e o Barbanza é das máis importantes, alomenos por sorpresiva, que un se podían imaxinar.

Velo é un persoaxe singular, dos que moitos fixeron mofa e burla (en ocasións propiciaba) pero hai que decir que foi alcalde de Boiro por méritos propios en dúas lexislaturas completas (1983-1987 e 1991-1995) e gañou con maioría absoluta (11 concelleiros de 17) no ano 1987, aínda que case dous anos despois viuse na obriga de abandoar o cargo por unha inexplicable e interesada moción de censura con catro tránsfugas do PSOE. Tras abandonar o Partido Socialista no ano 2001 ao ser expedientado e posteriormente expulsado, creou IC Boiro, un partido independiente, co que se presentou ás elecciónns do 2003, 2007 e 2011 obtendo sempre representación (no 2007 sacou dous concelleiros) e formando parte do goberno tripartito no ano 2003.

A Velo hai que recoñecerlle a súa dedicación á alcaldía e especialmente o desenvolvemento do Boiro que agora coñecemos, e conseguindo infinidade de actuacións para o concello; pero tamén tivo a súa parte obscura, que foi especialmente ese carácter autoritario e dictatorial.

Eu só quero plasmar aquí a miña sorpresa por unha decisión que comparto e que respecto, sobretodo porque a política local de Boiro non vai a ser a mesma sen un personaxe coma el. Outros que foron discípulos seus e que o intentaron imitar seguen aí a pesar dos resultados, e cunha diferencia importante, nunca chegaron a ser alcalde, nin siquiera a ser primeira forza política.

Eu desde o meu blog pido que o novo goberno de Boiro rompa cos habituais enfrontamentos, e amose unha clara disposición ao diálogo e á non beligerancia, e lle faga unha homenaxe a Manuel Velo Velo, o cal algún día deberá de ter unha rúa en Boiro, no seu pobo.

Grazas Velo, polo bo e polo malo.

Entrada archivada en:Boiro, Galicia. Etiquetas:.

SENTIDIÑO!!! De políticos e helicópteros

1 comentario Añade el tuyo

  • 1. Anónimo  |  junio 13, 2011 a las 9:14 pm

    Blas : podedes estar orgullosos da política destructiva en Boiro e na Comarca do Barbanza. Eu e demais compañeros pasamola de azul a roxa e vos a volveches a poñer azul. En política hai que saber xestionar para defender a democracia e o interes xeral do cidadáns a parte de defender o peto propio ,facendo traicións o final será este resultado.
    Menos mal que reconoces a miña xestión, pero non entender para que e a democrcia ,caedes na afirmación de chamarme dictador por non permitir corruptelas ou bagancias. Dictador e aquel que se salta as leies en beneficio propio ou lle nega o dereito a que o ten. Exercin a autoridade que me dou o pobo e as leises. Fun Alcalde que menos sentencias perdiu.
    Sigue escribindo sobre min e deixa en paz a dereita por si a podes necesitar dende a militancia socialista axudalos . Asi os vai. A vista esta . Sempre en Boiro. Velo

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Trackback este articulo  |  Suscríbete a los comentarios vía RSS Feed


O último

Calendario

mayo 2011
L M X J V S D
« sep   jun »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

O meu Twitter

  • @DelfinFeal ben sabes que esto é unha cadea, no momento no que baixen os prezos baixa o valor da produción. Exemplo o combustible 1 hour ago
  • Non acabo de entender que se fale de redución de salarios para saír da crise, pero ninguén fale da baixada de prezos para axudar ao consumo 2 hours ago
  • #comoligarengalego Non teño pelos na lingua porque ti non queres 11 hours ago
  • Que haxa deputados como Rosa Díez, @tonicanto1 ministros como Wert ou Ptes como Rajoy -omito moitos máis nomes- indica a realidade política 1 day ago
  • @MichPtn jajaja. Que curioso!! Non sabía que era capaz de escribir tan ben en extranxeiro 1 day ago

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Fotos

Debuxo do Carrabouxo

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

More Photos

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.