Quen son…?
Como o nome do blog indica, chámome Blas García. Tiven a sorte de nacer -no ano 1969- nun bonito concello da Ría de Arousa chamado Boiro, máis concretamente na parroquia de Cespón. Co esforzo dos meus pais -en especial- e o meu propio estudiei na Universidade Compostelá a carreira de Filoloxía Hispánica, aínda que debo dicir que o primeiro ano cometín o erro de matricularme en Dereito, e foi un fracaso espectacular; abandonei ao ano seguinte.
A maior parte da miña vida está vinculada á política, a miña gran paixón!!!. Desde mozo afilieime ao PSOE e ás Xuventudes Socialistas, e dende aí empecei a traballar e a loitar por defender unhas ideas nas que creo por riba de todo. Fun secretario xeral dos socialistas de Boiro durante cinco anos, e con anterioridade secretario comarcal das XSG do Barbanza.
Con Eva Rivero tiven dúas nenas: Paula, que ten once anos, e Nerea, que ten seis. E delas non podo dicirvos outra cousa que non sexa que son o mellor que me pasou nesta vida.
Profesionalmente traballo, desde o ano 2001, na Sede Nacional do PSdeG -a rúa do Pino-, na Secretaría de Organización. Ademais son Secretario Comarcal do Barbanza, membro do Comité Nacional Galego e fun concelleiro en Boiro.
Creo que con esta chega, e o queira saber algo máis que me pregunte.
Un saúdo.

Trackback this post