Archive for noviembre, 2006
¿Publicidade republicana?
Cando Darío (un compañeiro de traballo) me contou o da nova campaña de Muebles Rey non saía do meu asombro. Esta empresa de mobles sacou á rúa unha campaña publicitaria co slogan “Aprovéchate del Rey”, ata aí nada fora do normal, de non ser que a modelo desta orixinal –e republicana campaña- é a dobre da princesa Letizia.
A campaña é tremendamente orixinal. Aínda que non sei que pensará a Casa Real de todo isto. Por certo, venme agora á cabeza aquel post de Xaime no que o xornal La Voz de Galicia publicara unha montaxe dunha foto dos Reis cos seus netos e a cabeza do Lunis.
“Joder, qué tropa”, Rajoy dixit
Por primeira vez, e sen que sirva de precedente, teño que confesar que coincido con Mariano Rajoy. Onte, durante a presentación do primeiro best seller de Espe Aguirre, cunha sinceridade inusitada recoñeceu que ao enterarse dalgún dos párrafos do libro pensou: “Joder, qué tropa”.
Eu opino o mesmo cada vez que escoito a Acebes, Zaplana, Núñez Feijoo, Pío García Escudero, Martínez Pujalte, Esperanza Aguirre ou ao propio Rajoy (a Aznar nin o cito porque pediunos que o deixásemos en paz). Pero o problema, é que cando un exército pasa a ser tropa -como define don Mariano aos seus- a culpa é sempre do xeneral, porque non está capacitado para dirixir aos soldados e en calquera momento pode producirse un motín. Deus non o queira e Aznar tampouco.
Chega o Nadal
Teño que confesarvos que aínda non me decatara de que xa estamos ás portas do Nadal. A pesares de que na empresa xa fixemos a reserva para a tradicional cea, do alumeado navideño que decora as rúas, da venda indiscriminada de lotería, … O certo, é que non me concienciara ata que á miña casa empezaron a chegar varias revistas de xoguetes (do Corte Inglés, de Alcampo, de Juguettos, da tenda nova que abriron en Boiro, …) o que ocasionou un tremendo terremoto infantil polo stress ocasionado ás miñas fillas Paula e Nerea, porque con tanta revista non saben o que lle van a pedir aos Reis e a Papá Noel.
Eso si, estas revistas xa veñen tan preparadas que algunhas delas traen pegatinas co texto «me lo pido» para que os nenos e as nenas poidan marcar os xoguetes que lles gustan. Por certo, a Nerea non lle chegan as pegatinas e a revista quédaselle pequena.
Pois nada, que o Nadal xa está aquí. ¡Viva a paga extra!.
Agora Fene
Continuamos coa elección de candidatos socialistas ás alcaldías, e hoxe tócalle o turno ao meu bo amigo Iván Puentes, que saíu elidido candidato á alcaldía de Fene por aclamación.
Sinto unha alegría especial por dúas razóns: a primeira porque Iván é un bo amigo, pero ademais por que é unha persoa nobre, desas das que –por desgracia- non hai moitas; unha persoa traballadora, responsable e íntegra. A segunda razón é porque este partido con tantos anos de historia sigue a renovarse pouco a pouco, e os militantes de Fene apostaron por un cambio, cando o máis seguro sería a continuidade cun candidato que obtivo un bo resultado nas pasadas eleccións, pero que se creu –ou alguén llo fixo crer- que era o único artífice dese resultado. Arriscar en política non é doado, pero ás veces é bo facer apostas pola xente xoven. O camiño de Iván nos último meses non foi doado, algúns compañeiros e compañeiras estiveron máis preocupados en poñerlle obstáculos no camiño que en axudalo e defendelo, pero iso neste mundo da política é bastante habitual. Pero Iván tivo a capacidade e a valentía –co apoio da súa agrupación- de saír adiante, aínda que en moitos momentos, seguramente, se lle pasaría pola cabeza de apartarse, porque ten toda unha vida política por diante.
Na vida hai que tomar decisións, e asegúroche Iván que ti tomastes a acertada, porque por riba daqueles que che puxeron a zancadilla, tes o apoio dos compañeiros e compañeiros de Fene, de moitos da comarca, e , sobre todo o apoio dos teus amigos e da túa familia. Os «inimigos» só se teñen a eles, e sabes que é por conveniencia e por intereses. Pero tampouco dubides que cando che vai ben son os primeiros que che van a pasar a man polo lombo e dicirche que es marabilloso e estupendo.
Ánimo Iván, a loitar e a gañar , porque como dicía no me anterior post: FENE NECESITA UN ALCALDE COMA TI, e a maiores digo: E O PSdeG PERSOAS XÓVENES E ÍNTEGRAS COMA TI
Comentarios