Archive for noviembre 25, 2006

Boiro merece un alcalde coma Ares

 

O pasado xoves os socialistas de Boiro celebramos a Asemblea para nomear o candidato ás vindeiras eleccións municipais. E como era de esperar non houbo sorpresas. Juan Jesús Ares foi elixido por aclamación.Ares é unha persoa que merece ser alcalde, é máis, creo que Boiro merece un alcalde como Ares. Pensaredes que é normal que eu diga iso xa que somos compañeiros de partido. Pero podo dicirvos que Juan Jesús é unha boa persoa: é honrado e traballador, humilde e sinxelo, en definitiva, é un cidadán máis ao que o poder non o vai cambiar como fixo coa maioría dos alcaldes de Boiro.Isto que vou dicir, se o lee algún do BNG de Boiro seguramente se enfadará, pero é o que penso: Ares durante esta lexislatura municipal foi a persoa que lle puxo serenidade, sensatez e traballo ao goberno; porque se dedicou plenamente a traballar por defender os intereses dos boirenses, sen excepcións. ¡Outros, por desgracia, non fixeron o mesmo!.Esta lexislatura de coalición non foi nada doada, porque gobernar co BNG é complicado, e sobre todo cando existen persoas que son incapaces de sentarse a dialogar porque queren por riba de todo aplicar o seu criterio. Un goberno de coalición é saber ceder moitas veces aínda que non estes de acordo, é xuntarse e falar frecuentemente, é compatir os problemas, e tamén os éxitos; é, en definitiva, traballar en equipo intentando meter todos os goles na mesma portería.

Faltan seis meses –aproximadamente- para que se celebren as eleccións, e queda aínda moito que facer, moito que traballar, pero espero que todo o camiño percorrido ata o mes de maio do vindeiro ano dea o froito esperado. ARES ALCALDE DE BOIRO.

Anuncios

noviembre 25, 2006 at 8:31 pm 3 comentarios


Calendario

noviembre 2006
L M X J V S D
    Dic »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.