Archive for noviembre 26, 2006

Agora Fene

Continuamos coa elección de candidatos socialistas ás alcaldías, e hoxe tócalle o turno ao meu bo amigo Iván Puentes, que saíu elidido candidato á alcaldía de Fene por aclamación.

Sinto unha alegría especial por dúas razóns: a primeira porque Iván é un bo amigo, pero ademais por que é unha persoa nobre, desas das que –por desgracia- non hai moitas; unha persoa traballadora, responsable e íntegra. A segunda razón é porque este partido con tantos anos de historia sigue a renovarse pouco a pouco, e os militantes de Fene apostaron por un cambio, cando o máis seguro sería a continuidade cun candidato que obtivo un bo resultado nas pasadas eleccións, pero que se creu –ou alguén llo fixo crer- que era o único artífice dese resultado. Arriscar en política non é doado, pero ás veces é bo facer apostas pola xente xoven. O camiño de Iván nos último meses non foi doado, algúns compañeiros e compañeiras estiveron máis preocupados en poñerlle obstáculos no camiño que en axudalo e defendelo, pero iso neste mundo da política é bastante habitual. Pero Iván tivo a capacidade e a valentía –co apoio da súa agrupación- de saír adiante, aínda que en moitos momentos, seguramente, se lle pasaría pola cabeza de apartarse, porque ten toda unha vida política por diante.

Na vida hai que tomar decisións, e asegúroche Iván que ti tomastes a acertada, porque por riba daqueles que che puxeron a zancadilla, tes o apoio dos compañeiros e compañeiros de Fene, de moitos da comarca, e , sobre todo o apoio dos teus amigos e da túa familia. Os “inimigos” só se teñen a eles, e sabes que é por conveniencia e por intereses. Pero tampouco dubides que cando che vai ben son os primeiros que che van a pasar a man polo lombo e dicirche que es marabilloso e estupendo.

Ánimo Iván, a loitar e a gañar , porque como dicía no me anterior post: FENE NECESITA UN ALCALDE COMA TI, e a maiores digo: E O PSdeG PERSOAS XÓVENES E ÍNTEGRAS COMA TI

Anuncios

noviembre 26, 2006 at 2:39 pm 2 comentarios


Calendario

noviembre 2006
L M X J V S D
    Dic »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.