Agora Fene

noviembre 26, 2006 at 2:39 pm 2 comentarios

Continuamos coa elección de candidatos socialistas ás alcaldías, e hoxe tócalle o turno ao meu bo amigo Iván Puentes, que saíu elidido candidato á alcaldía de Fene por aclamación.

Sinto unha alegría especial por dúas razóns: a primeira porque Iván é un bo amigo, pero ademais por que é unha persoa nobre, desas das que –por desgracia- non hai moitas; unha persoa traballadora, responsable e íntegra. A segunda razón é porque este partido con tantos anos de historia sigue a renovarse pouco a pouco, e os militantes de Fene apostaron por un cambio, cando o máis seguro sería a continuidade cun candidato que obtivo un bo resultado nas pasadas eleccións, pero que se creu –ou alguén llo fixo crer- que era o único artífice dese resultado. Arriscar en política non é doado, pero ás veces é bo facer apostas pola xente xoven. O camiño de Iván nos último meses non foi doado, algúns compañeiros e compañeiras estiveron máis preocupados en poñerlle obstáculos no camiño que en axudalo e defendelo, pero iso neste mundo da política é bastante habitual. Pero Iván tivo a capacidade e a valentía –co apoio da súa agrupación- de saír adiante, aínda que en moitos momentos, seguramente, se lle pasaría pola cabeza de apartarse, porque ten toda unha vida política por diante.

Na vida hai que tomar decisións, e asegúroche Iván que ti tomastes a acertada, porque por riba daqueles que che puxeron a zancadilla, tes o apoio dos compañeiros e compañeiros de Fene, de moitos da comarca, e , sobre todo o apoio dos teus amigos e da túa familia. Os “inimigos” só se teñen a eles, e sabes que é por conveniencia e por intereses. Pero tampouco dubides que cando che vai ben son os primeiros que che van a pasar a man polo lombo e dicirche que es marabilloso e estupendo.

Ánimo Iván, a loitar e a gañar , porque como dicía no me anterior post: FENE NECESITA UN ALCALDE COMA TI, e a maiores digo: E O PSdeG PERSOAS XÓVENES E ÍNTEGRAS COMA TI

Anuncios

Entry filed under: Fene, Política, PSdeG-PSOE.

Boiro merece un alcalde coma Ares Grazas Roni

2 comentarios Add your own

  • 1. Iván Puentes  |  noviembre 29, 2006 en 2:25 pm

    Quedo sen palabras, Blas, para agradecerche todo o que dis no artigo e, sobre todo, para agradecerche o apio e os ánimos que me levas dado dende que te coñecín. Ti, xunto con algunhas outras persoas, sodes a razón fundamental de que siga pensando que a política é marabillosa, pese a tódolos sinsabores que agocha nas súas entrañas.

    Non dubides que Fene terá alcalde socialista o 27 de maio de 2007 e, sobre todo, non dubides que unha parte desa alcaldía será túa. Gracias 😉

  • 2. Javier Castiñeiras  |  noviembre 29, 2006 en 2:30 pm

    Penso que despois de tanta lonxevidade de goberno nacionalista en Fene é hora dun goberno novo, fresco e moderno como o que liderará Iván Puentes; unha persoa que sintetiza perfectamente o sentir socialista e progresista.
    Cabe resaltar que o PSdeG-PSOE de Fene está en condicións de gobernar e así o foron confirmando os resultados eletorais dende o 95 con dous conceleiros, 99 con tres e nas pasadas municipais con cinco edís. Agora está chegando a hora de que fale o pobo, de que Fene opte polo continuismo ou opte polo progreso, por un proxecto político aspirante a gobernar o Concello de Fene. Ese proxecto chámase Iván Puentes Rivera, Alcalde de Fene.
    ¡Ánimo compañeiro!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


O máis ollado

Calendario

noviembre 2006
L M X J V S D
    Dic »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Fotos

Debuxo do Carrabouxo

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Más fotos

A %d blogueros les gusta esto: