Archive for noviembre 28, 2006

Chega o Nadal

Teño que confesarvos que aínda non me decatara de que xa estamos ás portas do Nadal. A pesares de que na empresa xa fixemos a reserva para a tradicional cea, do alumeado navideño que decora as rúas, da venda indiscriminada de lotería, … O certo, é que non me concienciara ata que á miña casa empezaron a chegar varias revistas de xoguetes (do Corte Inglés, de Alcampo, de Juguettos, da tenda nova que abriron en Boiro, …) o que ocasionou un tremendo terremoto infantil polo stress ocasionado ás miñas fillas Paula e Nerea, porque con tanta revista non saben o que lle van a pedir aos Reis e a Papá Noel.

Eso si, estas revistas xa veñen tan preparadas que algunhas delas traen pegatinas co texto “me lo pido” para que os nenos e as nenas poidan marcar os xoguetes que lles gustan. Por certo, a Nerea non lle chegan as pegatinas e a revista quédaselle pequena.

Pois nada, que o Nadal xa está aquí. ¡Viva a paga extra!.

Anuncios

noviembre 28, 2006 at 1:19 am Deja un comentario


Calendario

noviembre 2006
L M X J V S D
    Dic »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.