Archive for noviembre 30, 2006

¿Publicidade republicana?

Un das fotos promocionais

Cando Darío (un compañeiro de traballo) me contou o da nova campaña de Muebles Rey non saía do meu asombro. Esta empresa de mobles sacou á rúa unha campaña publicitaria co slogan “Aprovéchate del Rey”, ata aí nada fora do normal, de non ser que a modelo desta orixinal –e republicana campaña- é a dobre da princesa Letizia. 

A campaña é tremendamente orixinal. Aínda que non sei que pensará a Casa Real de todo isto. Por certo, venme agora á cabeza aquel post de Xaime no que o xornal La Voz de Galicia publicara unha montaxe dunha foto dos Reis cos seus netos e a cabeza do Lunis.

Campaña

letizia_moblesrey.jpg

Anuncios

noviembre 30, 2006 at 1:57 pm 17 comentarios

30 de novembro de 2002

Paula con Nera ao dá seguinte do seu nacemento

Era un sábado chuvioso, aínda que ese día non baixei á rúa. Eva –a miña muller- e eu estabamos no Hospital do Barbanza. Ás nove da mañá a nos levaron da habitación na que ela estaba ingresada ata outra que se atopaba na primeira planta –creo-. Estivemos alí metidos todo o día, eu só baixei un momento a comprar o xornal La Voz de Galicia, que por sorte ese día traía de regalo un especial sobre o afundimento do Prestige.

Eva queixábase de dor, cada vez con máis frecuencia. Eu non podía facer nada, unicamente consolala e darlle ánimos. Mentres tanto lía o xornal e o especial do Prestige e comentáballe as novas a Eva –creo que non me facía ningún caso-. As dores ían en aumento, cada vez eran máis constantes.

Pero ao fin decidiuse a saír, cun mes de antelación e forzado. Eran as sete menos cinco da tarde. Non paraba de chorar –algo que aínda segue facendo con asisuidade-. Chámase Nerea, pesou 2,660 quilos e mediu 47 cm. e hoxe cumpre catro anos. Foi un dos días máis felices da miña vida. As sensacións que sentín ese día non as volverei a ter nunca, asistir ao nacemento dun fillo é algo inenarrable (cando Paula naceu tiven que saír da sala de partos).

A partires de aí empezou a soar o teléfono: meus pais, meus sogros, …., pero lembro sobre todo tres chamadas que me alegraron de especial maneira a de Lage (acabou sendo o seu padriño), a de Antón Louro (o meu xefe naquel intre) e a de Pepe Blanco. Non quero rematar sen deixar de vos contar que poucas horas despois de dar a luz Eva pediume (o certo é que me obrigou) a ir á manifestación de Nunca Máis. “Xa que eu non podo, tes que ir ti”, díxome. E como non, alí estiven baixo a choiva.

noviembre 30, 2006 at 2:07 am 8 comentarios


Calendario

noviembre 2006
L M X J V S D
    Dic »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.