30 de novembro de 2002

noviembre 30, 2006 at 2:07 am 8 comentarios

Paula con Nera ao dá seguinte do seu nacemento

Era un sábado chuvioso, aínda que ese día non baixei á rúa. Eva –a miña muller- e eu estabamos no Hospital do Barbanza. Ás nove da mañá a nos levaron da habitación na que ela estaba ingresada ata outra que se atopaba na primeira planta –creo-. Estivemos alí metidos todo o día, eu só baixei un momento a comprar o xornal La Voz de Galicia, que por sorte ese día traía de regalo un especial sobre o afundimento do Prestige.

Eva queixábase de dor, cada vez con máis frecuencia. Eu non podía facer nada, unicamente consolala e darlle ánimos. Mentres tanto lía o xornal e o especial do Prestige e comentáballe as novas a Eva –creo que non me facía ningún caso-. As dores ían en aumento, cada vez eran máis constantes.

Pero ao fin decidiuse a saír, cun mes de antelación e forzado. Eran as sete menos cinco da tarde. Non paraba de chorar –algo que aínda segue facendo con asisuidade-. Chámase Nerea, pesou 2,660 quilos e mediu 47 cm. e hoxe cumpre catro anos. Foi un dos días máis felices da miña vida. As sensacións que sentín ese día non as volverei a ter nunca, asistir ao nacemento dun fillo é algo inenarrable (cando Paula naceu tiven que saír da sala de partos).

A partires de aí empezou a soar o teléfono: meus pais, meus sogros, …., pero lembro sobre todo tres chamadas que me alegraron de especial maneira a de Lage (acabou sendo o seu padriño), a de Antón Louro (o meu xefe naquel intre) e a de Pepe Blanco. Non quero rematar sen deixar de vos contar que poucas horas despois de dar a luz Eva pediume (o certo é que me obrigou) a ir á manifestación de Nunca Máis. “Xa que eu non podo, tes que ir ti”, díxome. E como non, alí estiven baixo a choiva.

Anuncios

Entry filed under: Barbanza, Boiro, Familia, Persoal.

“Joder, qué tropa”, Rajoy dixit ¿Publicidade republicana?

8 comentarios Add your own

  • 1. jandres  |  noviembre 30, 2006 en 10:16 am

    O primeiro que vou facer é felicitar a túa filla, non teño o gusto de coñecela pero sempre que falas dela cáeche a baba e tendo un pai así ten que ser boa filla e por suposto socialista, quen sabe o mellor podería chegar a ser Presidenta da Xunta nun futuro non moi lonxano polo que ¡¡ FELICIDADES NEREA!!.

    Ti camarada vive estes inolvidables momentos.

    Mírome o espello, non me recoñezo,
    paso a vista sobre os anos transcorridos,
    tempo pasado,
    tempo lonxano,
    momentos felices,
    momentos inolvidables,
    momentos …

    Mírome o espello, recoñézome,
    arrugas do tempo,
    arrugas da vida,
    a vida mesma.

    Unha aperta.

  • 2. blas  |  noviembre 30, 2006 en 2:12 pm

    Grazas pola mensaxe. Transmitireille as túas felicitacións a Nerea.

  • 3. José Manuel Lage  |  noviembre 30, 2006 en 5:29 pm

    Hoxe é un día especial, Nerea cumple catro anos … felicidades Nerea.

    Eva e Blas son responsables de que eu sexa o padriño. Honráronme coa súa petición, e se cabe fixeron que os lazos e a amizade que me une con eles alcanzara niveis propios dunha relación familiar.

    Nos vindeiros días, espero poder compartir coa miña afillada unhas horas de celebración e diversión.

  • 4. Lage » Nerea, feliz cumpreanos  |  noviembre 30, 2006 en 7:28 pm

    […] Sentinme moi honrado cando me propuseron ser o padriño da súa filla. Fai catro anos en Galicia estábamos vivindo a catástrofe do Prestige, e Nerea veu ó mundo un día antes da gran manifestación cidadá que se celebrou en Compostela baixo o grito de Nunca Máis. […]

  • 5. blas  |  diciembre 1, 2006 en 2:01 pm

    onte foi o cumpreanos da miña irman NEREA que cumpriu 4anos

  • 6. Alfonso Gil  |  diciembre 1, 2006 en 7:47 pm

    Felicidades Blas, espero que todo haya ido bien y cuando nos veamos lo celebremos juntos.

    Saludos desde Euskadi a ti y a los compañeros del PSdeG

  • 7. blas  |  diciembre 2, 2006 en 10:10 pm

    Gracias Alfonso. No dudes que cuando nos veamos lo vamos a celebrar. Eso y lo que haga falta.

  • 8. 30 de marzo de 1998 « Blas García  |  marzo 30, 2007 en 12:39 am

    […] de Santiago. Luns.12:45 horas da mañá. 3,450 quilos e 49 cms. Foi un parto máis sinxelo que o de Nerea, aínda que neste non me deixaron estar presente ata o final, pouco antes de nacer tiven que saír […]

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

noviembre 2006
L M X J V S D
    Dic »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Fotos

Debuxo do Carrabouxo

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Más fotos

A %d blogueros les gusta esto: