En Boiro xa temos web

diciembre 2, 2006 at 3:01 am 8 comentarios

Un servidor e Ares durante a rolda de prensa

Os socialistas de Boiro xa contamos cunha páxina web. Hoxe celebramos unha rolda de prensa Juan Jesús Ares (1º tenente de alcalde e candidato á alcaldía) e eu na que a demos a coñecer publicamente.

As webs son un instrumento útil e necesario para estar en contacto coa xente -eu definina como “unha ventana aberta á sociedade”-, e Ares fixo un chamamento á participación dos veciños e veciñas de Boiro e destacou as facilidades que aporta internet, xa que un usuario pode presentar unha reclamación, facer unha solicitude ou calquera outra cousa desde a súa casa ou o seu posto de traballo.

O que si debemos de ter claro o que nos dedicamos a esto da política é a potenciar e promover o uso das novas tecnoloxías, e sobre todo facilitarlle o acceso aos usuarios; por unha banda reducindo os prezos das conexións a internet -coma no resto de Europa-, por outra facilitando e achegando os accesos ao maior número de zonas -en especial ao rural-, e por último, incrementando as velocidades -e incomprensible que nun pobo de case vinte mil habitantes a velocidade máxima sexa de 1 mega-.

Remato facéndovos unha invitación a visitar www.psoeboiro.com, e como non, a facernos todas as aportacións que queirades.

Anuncios

Entry filed under: Barbanza, Boiro, Persoal, Política, PSdeG-PSOE.

Estou abraiado … ¡¡Os Reis Magos falan galego!!. E Papá Noel, ¿que?

8 comentarios Add your own

  • 1. Escarabote  |  diciembre 4, 2006 en 7:43 am

    Xa ves ti, fai tempo que deberíades ter unha web que xa estamos no século 21 e parecemos tercermundistas.
    Por aquí din que Ares é un corrupto e é o menos indicado para encabezar a lista. Pero está claro que no país dos cegos o torto é o rei.

    ¡Todo polo poder! Señor, señor…

  • 2. blas  |  diciembre 4, 2006 en 11:54 am

    Estimado amigo:

    agradezo o teu comentario , e darche a razón, en parte, no de que fai tempo que deberiamos ter unha web, pero non sempre é doado poder contar con estes servizos. O que si é certo que dos partidos políticos de Boiro somos o primeiro que a ten.
    No que respecta a segunda parte do teu comentario dicirche que é doado facer acusacións sen probas sobre a honorabilidade dunha persoa, e moito máis desde o anonimato, como fas ti.
    O que si che pido e que se tes probas ti, ou calquer outra persoa o que comentas aquí debedes de acudir ao xulgado a realizar unha denuncia.
    É moi doado intentar desacreditar a unha persoa con comentarios e mentiras. “Enlixa que algo queda” di un refrán.
    Un saúdo socialista

  • 3. Joseph Lion  |  diciembre 7, 2006 en 10:17 am

    Se dice que lo único que hizo el Sr. Ares en Escarabote fue arreglar el patio de un edificio privado en frente a su vivienda y anchear una carretera hacia la Gavoteira para que los constructores no tuviesen problemas.

    ¿No hay gente joven más capacitada? ¿Cuándo el Psoe de boiro tendrá un elenco digno?
    Desde siempre Ares se distinguió por querer llegar al poder fuese como fuese, de ahí sus problemas con el Sr. Velo, Del Río, etc. Hasta que se fue rodeando de gente que lo único que hacen es adorarle. Por favor…
    Estoy de acuerdo con Escarabote en que Ares tiene mala fama entre mucha gente. Y lo del juzgado es un recurso pueril…
    Mejoren, con gente capacitada, el plantel electoral sino lo pagarán en las urnas.

    J. Lion (de vacaciones en Escarabotiño)

  • 4. blas  |  diciembre 7, 2006 en 8:58 pm

    Estimado J.Lion (ou Escarabote) quería facerche unhas puntualizacións:
    Respecto a túa suxerencia sobre a confección da lista (plantel electoral) non dubides que imos a facelo o mellor posible, e como sempre buscaremos ás mellores persoas. Aínda que estou seguro de que a ti non che vai a gustar, sexan os que sexan.

    Por outra banda, dicirche que este blog é un sitio aberto para que poda participar cos seus comentarios todos os que queiran. Xa ves que non ten ningún filtro previo, nin ningún tipo de censura. Polo que, cando un se atreve a realizar acusacións como as túas debe de ter a valentía de “dar a cara”, non aproveitarse dun nome falso e dun mail inexistente. Sabes como se denomina eso, ¿non?. Cobardía.

    E como dixen xa na resposta anterior, aínda que che pareza un “recurso pueril”, se Ares ou calquer outra persoa membro do PSOE de Boiro cometeu unha ilegalidade e tes as probas hai que acudir aos órganos correspondentes, xa que do contrario serás tan culpable coma o infractor.

    Un saúdo socialista

  • 5. Jose León  |  diciembre 8, 2006 en 10:45 am

    Nací en Rosadelas en el 72, pero emigré a Francia a buscar trabajo donde ya trabajaban mis padres. Después de muchos años en el pais vecino me casé con otra emigrante y decidimos ir a vivir a su ciudad natal, Huelva. Hace aproximadamente 1 año, mi cuñado compró un piso en Escarabotiño y de vez en cuando pasamos por allí. Siempre me consideré socialista. Yo no denuncio, sólo te digo lo que escucho y así lo pongo por escrito, no acuso. Mi correo existe y veo que ni siquiera te has molestado a comprobarlo. Estuve buscando a ver si te podía mandar unas letras al tuyo desde el mío pero no lo encuentro por ningún sitio. He entrado hasta en “http://usuarios.lycos.es/psoeboiro/aleco.htm” a ver si veía tu correo y nada. Bueno, pues eso.
    Te honra el que no hayas borrado mis posts, y que contestaras, pero de verdad te digo que la gente (y mucha) murmura que el Señor Ares no es el candidato apropiado.

    Un cordial saludo,

    José Léon (Joseph Lion)

  • 6. Carmen López  |  diciembre 12, 2006 en 5:53 pm

    Pois eu discrepo totalmente de Escarabote e León, xa que creo que Ares é unha excelente persoa e vai ser un magnífico alcalde. E apesar dos que estes dous intervintes digan, eu sei, ao igual que outras persoas de Escarabote, que fixo moito pola nosa parroquia sempre.
    Tes o meu apoio Juan Jesús

  • 7. Escarabote  |  diciembre 13, 2006 en 7:40 am

    Estimada e conveciña Carmen, discrepas do meu comentario pero non me das razóns desa discrepancia. ¿Qué fixo que non fora por proveito propio ou para sair na prensa? ¿Qué me dis da dedicación plena ca remuneración que se puxo? ¿Con esta paga e dedicación plena terás que facer algo queiras ou no queiras?
    Din que no país dos cegos o torto é o rei e tal vez te refiras a iso.
    Hai que ter menos soberbia e mirar un pouco polos que che poñen a comida no prato.

  • 8. A campaña de Boiro « Blas García  |  mayo 14, 2007 en 1:48 am

    […] recordarlle aos meus compañeiros e compañeiras de Boiro que actualicen a web do partido e da que xa vos falei neste blog, porque e esta é unha crítica en xeral para todos os partidos e políticos, que non empreguen a […]

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

diciembre 2006
L M X J V S D
« Nov   Ene »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

O meu Twitter

  • En Negreira segue ardendo o monte, e os medios son escasos. De Ames aportamos un tractor cisterna, tamén están os... fb.me/BmZ7Yc4q 2 days ago
  • AVARÍA AUGA. Xa está restablecido o servizo de auga na maior parte da rede afectada. Operarios de Espina&Delfín... fb.me/1Dnkvea17 3 days ago
  • ATENCIÓN. Con motivo dunha ruptura na liña de abastecemento que baixa do depósito de Castiñeiro do Lobo non hai... fb.me/1tBGQwm7h 3 days ago
  • CENTRO SAÚDE MILLADOIRO. Pois si!! O paso dado hoxe na consecución do novo Centro de Saúde de Milladoiro é moi... fb.me/2Q34RD505 4 days ago
  • Este venres 13 de outubro volvemos a dar outro paso importante para a construción do Centro de Saúde do... fb.me/9nHBJu8i9 5 days ago

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

A %d blogueros les gusta esto: