En OT cántase en galego
diciembre 10, 2006 at 11:36 pm 3 comentarios
O famoso programa Operación Triunfo, que se emite en Telecinco (antes da Primeira), xa conta no seu repertorio cunha canción en galego. Aconteceu hoxe durante a actuación dunha viguesa chamada Eva Carreras que escolleu para a súa actuación a canción Lela. Esta popular canción que interpretou como ninguén a portuguesa Dulce Pontes e que lanzou ao estrellato o gaiteiro Carlos Núñez no seu disco “A Irmandade das Estrelas”, foi escrita por Castelao para a obra de teatro “Os vellos non deben de namorarse” e púxolle música Miguel de Santiago.
Teño que confesarvos que sentín unha especial emoción ao escoitar nun dos programas de maior audiencia no panorama televisivo soar unha gaita galega e escoitar cantar na nosa lingua. Un acerto por parte da intérprete que presume de ser galega e de defender a nosa cultura, porque o máis sinxelo seguro que sería escoller unha canción de calquera grupo de éxito do momento.
Outro dato, o presentador, o tamén galego Jesús Vázquez, non puido escapar a facer un comentario nun dos seus pasos á publicidade sobre a proposta do BNG do cambio horario en Galicia.
1.
Iván Puentes | diciembre 10, 2006 de 11:54 pm
Vaia, non puiden ver a actuación de Eva; a ver se non a botan agora. Xa cantou o outro día un anaco e bordouno.
Dame pena tamén perderme o comentario de Jesús Vázquez. Tesnos que transcribir o que dixo.
Vou acabar de ver o programa, agora ben o que máis me gusta de O.T., as valoracións de Risto Mejide. Cada día supérase a si mesmo; tenme enganchado. Ponlle un punto de realidade, de cruel realidade, a tanto pasteleo e glamour. Para min el é o gañador de O.T. 2006, consegiu ser un verdadeiro producto 😉
2.
Anónimo | febrero 13, 2007 de 12:46 pm
Unha aclaración: A música de Lela é de Rosendo Mato Hermida. MIguelde Santiago ten feito arranxos, igual que moitos outros
3.
blas | febrero 13, 2007 de 2:14 pm
Grazas pola información