Archive for diciembre 11, 2006

¿Por quen vela Velo?

Manuel Velo Velo (foto de Carmela Queijeiro)

 

Aos que non coñezades a Manuel Velo explicareivos que é un dos personaxes máis polémicos e controvertidos de Boiro. Militou no PSOE desde o ano 1977 ata que foi expulsado (por presentarse por un partido independente) no ano 2003, e foi alcalde durante nove anos aproximadamente (1983 ao 1988, e  1991 ao 1995). 

Velo é unha desas persoas que é incapaz de pasar desapercibida alí onde estea, xerando os odios máis radicais ou as paixóns máis incribles. En definitiva, un individuo peculiar que forma parte da historia de Boiro. 

Nesta última lexislatura formou parte do goberno denominado como “tripartito”BNG, PSOE e el mesmo- e durante a primeira parte desta lexislatura pasou totalmente desapercibido, coa excepción dun par de anuncios estrela que tanto lle gustan a el (un campo de golf e un hotel de talasoterapia). Pero foi cara o final de lexislatura cando rexurdiu e apareceu o Velo que todos coñecemos: o inconformista, o protagonista, o quixotesco, o Velo esperpéntico que se anota a todas as liortas e se erixe en defensor de todos os bandos. 

Pero, ¿cal é a razón de que  Velo rexurda ao remate da lexislatura?. ¿Por defender os intereses dos boirenses?. Non, por defender os seus intereses políticos e co único obxectivo de non ser devorado polo BNG e o PSOE. El é consciente de que os froitos positivos da  xestión do actual goberno os ían a capitalizar os dous partidos maioritarios, e os descontentos da coalición os ía a capitalizar o Partido Popular. Entón el trazou a súa propia estratexia de oposición desde dentro ao propio goberno criticando publicamente xestións e acordos coma o de Eroski, LyC, plan parcial de Cabo de Cruz ou Barraña, para forzar a súa expulsión do tripartito e así quedar coma unha vítima, un mártir da causa; e iso sempre crea un sentimento de lástima na xente. 

Velo é un home listo, con moita experiencia na vida política e pública que sempre pecou dun exceso de egocentrismo, e que cometeu, baixo o meu punto de vista un par de erros: por un lado non saber retirarse a tempo e por outro facer da política a súa única profesión. Dentro duns meses saberemos se a estratexia de Velo deu resultado.

Anuncios

diciembre 11, 2006 at 6:34 pm 4 comentarios

Un asasino menos

Desde onte o mundo pode durmir máis tranquilo, xa queda un asasino menos. Augusto Pinochet morreu aos 91 anos despois de cargar sobre as súas costas coa morte e desaparición de milleiros de chilenos e chilenas durante os 17 anos que durou a súa cruel e sanguinaria ditadura. 

“Caravana de la muerte”, “operación cóndor”, “operación colombo” son anacos tráxicos da historia de Chile, nos que o asasino Pinochet foi o protagonista dunha limpeza ideolóxica da que saíu impune da xustiza, pero como dicían hoxe na radio: “se o inferno existe terá que queimarse nel”. 

¡¡Oxalá non descanse en paz !!

diciembre 11, 2006 at 5:19 pm 10 comentarios


O máis ollado

Calendario

diciembre 2006
L M X J V S D
« Nov   Ene »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.