Archive for diciembre 12, 2006

O plaxio de Carlos Luis

carlos_luis.jpg

Imos ter que darlle a razón aos cataláns, e, en xeral aos empresarios patrios, tan preocupados pola perda de produtividade que se deriva das mega-pontes de decembro. Esa ralentización neuronal da volta ao traballo pode ser a explicación máis razoable para xustificar o inexplicable plaxio do “paladín da independencia informativa, da opinión construtiva, persoal e intransferible”, si, si, estamos a falar de Carlos Luis Rodríguez.

“Piove, porco Governo (precedente)”, foi o titular do artigo onde o popular Pedro Puy Fraga facía un alegato defensivo dos dezaseis anos de Goberno do PP. O mesmo alegato (casualmente) contra as acusacións de Ricardo Varela, o secretario de Organización dos socialistas galegos, que cualificou de desfeita os dezaseis anos da Xunta popular, o podemos atopar no artigo do azote de herexes, Carlitos titula: Piove, porca oposizione.

Esperemos que sexa a falla de inspiración -despois das vacacións- e que non decidira sumarse ás claras ao batallón de plumillas seguidistas da estratexia marcada de antemán desde a nova “nécora” popular de San Lázaro.

Amigo Carlos, para a próxima en vez de malcopiar, manda un xustificante coa firma falsificada, como fixemos sempre que nos pillo o touro no colexio. “A inspiración existe, pero ten que pillarte traballando”, xa o dicía Picasso.

Anuncios

diciembre 12, 2006 at 1:40 pm 5 comentarios


O máis ollado

Calendario

diciembre 2006
L M X J V S D
« Nov   Ene »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.