Archive for diciembre 13, 2006

Un ditador sempre é un ditador

Fraga de xoven

Estráñame o revuelo que causaron as declaracións de Manuel Fraga sobre a morte de Pinochet. A defensa que realiza do asasino chileno e a crítica á xestión de Salvador Allende. Non debemos de esquecer que don Manuel é “fillo político” de Francisco Franco, outro ditador cruel e asasino que matou -ou ordenou facelo- a milleiros de persoas, que o único pecado que cometeran foi o de non pensar ao ditado do que mandaban.  E non esquezamos que Fraga foi cómplice dalgúns dos excesos cometidos durante a etapa franquista, el mesmo asinou penas de morte.

Por iso, sorpréndeme que se lle dea tanta importancia ás súas declaracións, porque: ¿censurou nalgunha ocasión a Fraga as ditaduras?, ¿amosou algunha vez arrepentimento por formar parte da española?, ¿acaso Fraga non defendera xa a Pinochet cando foi detido en Londres?. O que pasa é que o ex presidente da Xunta tivo unha capacidade especial para adaptarse aos novos tempos e ás necesidades do momento. ¿Existe agora alguén máis demócrata ca el?.

Fraga pasará á historia por ser un político “de talla” e de prestixio: un ex presidente da Xunta, un dos pais da Constitución Española, Senador, …, pero non esquezamos que ten un pasado predemocrático. Teñamos memoria histórica.

diciembre 13, 2006 at 12:05 pm Deja un comentario


Calendario

diciembre 2006
L M X J V S D
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

O meu Twitter

  • RT @ConcelloAmes: 💕Animando á solidariedade! A unidade móbil de doazón de sangue estará o 16 e 17 de setembro no #Milladoiro, no cruce da R… 1 day ago
  • RT @ConcelloAmes: 💠Organizamos o XII Campionato de Galicia Absoluto de 5K en ruta, en colaboración con @atletismogalego. 🎽Será o 26 setembr… 1 day ago
  • RT @ConcelloAmes: Reanudamos os programas #Amessan e #Sanauga con novidades❗️ 💚Amessan incorpora baile en liña e bailoterapia 💚Sanauga inc… 1 day ago
  • RT @carlosecue: Dice el Financial Times que la decisión de Sánchez sobre la energía mete presión a otros países de la UE que tienen también… 2 days ago
  • RT @ConcelloAmes: MERC@MES | Mañá 15 de setembro comeza a 2ª fase da campaña de tarxetas bono, até o 15 de novembro. ✨Poderedes adquirir os… 2 days ago

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.