Archive for diciembre 15, 2006

Superpiñeiro returns

Chíbame un colega que a Televisión de Galicia está a preparar a volta de Superpiñeiro. Disque vai a presentar un programa de tarde, dos denominados “talk show” que, coma todos vai enfocado a xente maior e amas de casa.

Eu creo que esta é unha gran nova para os galegos e galegas, es especial para o mundo da cultura, xa que un profesional da “talla” de Xosé Manuel Piñeiro, que durante moitos anos foi o emblema da TVG retorne ao canal autonómico despois de estar un tempo no exilio. Esto indica que este goberno, que presume –e con razón- de darlle un aire fresco á Galega non discrimina, nin veta, nin lle garda rencor a ninguén a pesar de todo o que puideran facer ou dicir no pasado.

Eu desde aquí propoño ademais que a TVG recupere a históricos profesionais tan importantes coma Xosé Luís Blanco Campaña, Beatriz Manjón, Pemón Bouzas, Fidel Fernán, Ana Kiro, o cempés Pupo, Gayoso (non, ese aínda está), …, a todas as “grandes estrelas” televisivas do antigo réxime.

Ademais, non me diredes que Superpiñeiro non o ten merecido ou, ¿quen foi o que presentaba e animaba as festas dos maiores que organizaba Quin?. Algún premio terá que ter, para eso son veciños.

diciembre 15, 2006 at 8:06 pm 9 comentarios


Calendario

diciembre 2006
L M X J V S D
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

O meu Twitter

  • RT @ConcelloAmes: 💕Animando á solidariedade! A unidade móbil de doazón de sangue estará o 16 e 17 de setembro no #Milladoiro, no cruce da R… 1 day ago
  • RT @ConcelloAmes: 💠Organizamos o XII Campionato de Galicia Absoluto de 5K en ruta, en colaboración con @atletismogalego. 🎽Será o 26 setembr… 1 day ago
  • RT @ConcelloAmes: Reanudamos os programas #Amessan e #Sanauga con novidades❗️ 💚Amessan incorpora baile en liña e bailoterapia 💚Sanauga inc… 1 day ago
  • RT @carlosecue: Dice el Financial Times que la decisión de Sánchez sobre la energía mete presión a otros países de la UE que tienen también… 2 days ago
  • RT @ConcelloAmes: MERC@MES | Mañá 15 de setembro comeza a 2ª fase da campaña de tarxetas bono, até o 15 de novembro. ✨Poderedes adquirir os… 2 days ago

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.