Superpiñeiro returns

diciembre 15, 2006 at 8:06 pm 9 comentarios

Chíbame un colega que a Televisión de Galicia está a preparar a volta de Superpiñeiro. Disque vai a presentar un programa de tarde, dos denominados “talk show” que, coma todos vai enfocado a xente maior e amas de casa.

Eu creo que esta é unha gran nova para os galegos e galegas, es especial para o mundo da cultura, xa que un profesional da “talla” de Xosé Manuel Piñeiro, que durante moitos anos foi o emblema da TVG retorne ao canal autonómico despois de estar un tempo no exilio. Esto indica que este goberno, que presume –e con razón- de darlle un aire fresco á Galega non discrimina, nin veta, nin lle garda rencor a ninguén a pesar de todo o que puideran facer ou dicir no pasado.

Eu desde aquí propoño ademais que a TVG recupere a históricos profesionais tan importantes coma Xosé Luís Blanco Campaña, Beatriz Manjón, Pemón Bouzas, Fidel Fernán, Ana Kiro, o cempés Pupo, Gayoso (non, ese aínda está), …, a todas as “grandes estrelas” televisivas do antigo réxime.

Ademais, non me diredes que Superpiñeiro non o ten merecido ou, ¿quen foi o que presentaba e animaba as festas dos maiores que organizaba Quin?. Algún premio terá que ter, para eso son veciños.

Anuncios

Entry filed under: Política, Xeral, Xunta.

Un ditador sempre é un ditador No fútbol triunfa a destrucción

9 comentarios Add your own

  • 1. Marcus  |  diciembre 16, 2006 en 1:12 am

    Eu escoitei que a volta de Piñeiro estaba só pendente da negociación económica, posto que coido que agora o súper cobra bastante (algo semellante pasara coa volta de Ana Kiro).
    De confirmarse o asunto estariamos ante unha situación realmente noxenta, pois despois de tanto promoter unha renovación na TVG ó final todo vai quedar nun cambio da identidade corporativa.

  • 2. blas  |  diciembre 16, 2006 en 1:24 am

    Marcus, ainda que me custe, teño que recoñecer que si, seria tremendamente noxenta. Eu espero que alguén lle poña a cabeza (en serio) a esto da tele e a renovemos e modernicemos de verdade.

  • 3. Iván Puentes  |  diciembre 18, 2006 en 12:14 am

    Agora, dado que parece que volve á TVG como froito da súa sintonía con Quintana, din que ó seu prgrama lle chamarán “Super Terceira Feira”.

    Cando falamos dos informativos e das caras que os presentan?

  • 4. Rosa  |  diciembre 18, 2006 en 12:48 am

    Eu propoño que saia con el o esquelete ese que toca a trompeta, e que lle cambien o nome. Que agora se chame Quintilano.

    Viva a televisión pública e Antón Losada

  • 5. Bucareu  |  diciembre 21, 2006 en 1:26 am

    Empezan sacando a Piñeiro na TVG e terminan por sacar de novo a Fraga en procesión a cada hora…. Viva o cambio!

  • 6. LIDIA  |  enero 10, 2007 en 2:40 am

    nooooooooooooo¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡…………..por favor non pode ser…….donde van eses programas como ARRAMPLA CON TODO que ainda que non era nada do outro mundo tiña dous presentadores novos e ven simpaticos(maria solar e david noya) e que non se volveron a ver…. porq?……ou PERDELO TODO(emilio guillin)…….porque a eses non lles dan programas ou e o superpiñeiraptor rex ese si………non o podo entender….para iso tanto cambio???????………..en fin……. caras novas por favor¡¡¡¡

  • 7. aujusto  |  enero 19, 2007 en 11:59 am

    manda carallo, poñer de exemplo “perdelo todo” ou “arrampla con todo” como exemplos da nova televisión que hai que facer para ser modernos. isto cheira a que hai moito resentido e fracasado.

  • 8. Ramona  |  enero 26, 2007 en 7:47 pm

    Esto é unha coña. Superpiñeiro é un bo profesional, pero tivo o seu momento. ¿Que pasa,?¿ que aquí nada cambia?¿ todo é eterno? Superpiñeiro e outros van quedar fosilizados no posto como case lle ocorre a Fraga. Non é unha cuestión política.Hai xente nova( non necesariamente en idade) e válida a que hai que darlle oportunidade, ademais ¡qué coño! é un misógino.

  • 9. “Paula azafata supermartes” « Blas García  |  septiembre 10, 2007 en 2:02 pm

    […] post máis visitados do día foron Superpiñeiro returns e Superpiñeiro returns II, sorprendido sigo mirando as estadísticas e descubro que a culpable de […]

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

diciembre 2006
L M X J V S D
« Nov   Ene »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

A %d blogueros les gusta esto: