Archive for diciembre 19, 2006

A Garda Civil busca á Virxe María

Foto de La Voz de Galicia (José Manuel Casal) 

Publica La Voz de Galicia un suceso acontecido en Carballo que me provoca unha gran preocupación e sorpresa. Resulta que no belén da igrexa de Carballo roubaron á Virxe María e o párroco acudiu á Garda Civil a poñer unha denuncia, xa que el cre que foi secuestrada e espera que a devolvan sen ter que pagar un rescate. A figura ten un enorme valor sentimental xa que se utiliza desde fai 34 anos.

Este mundo está cheo de desalmados, de xente sen corazón, porque só basta con mirar a foto do xornal e ver o cartel que escribiu o neno Xesús: “secuestraron á miña nai (a Virxe María). Axúdeme a encontrala. Grazas”. ¿A quen se lle ocorre secuestrar a unha virxe e para que?.

A Garda Civil aínda non realizou unha declaración oficial sobre o asunto, e descoñécese polo momento se a Virxe de 34 anos foi secuestrada ou decidiu abandonar a familia. Sorprende tamén que San Xosé –o marido- non fixese declaracións sobre esta desaparición. Polo que non se descarta ningunha opción polo momento.

Seguiremos esta nova con detemento.

Anuncios

diciembre 19, 2006 at 12:06 pm 4 comentarios


Calendario

diciembre 2006
L M X J V S D
« Nov   Ene »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.