Archive for enero, 2007
Nin para calcetíns
Acábome de dar conta de que nunca vou a chegar a rico. Despois de ver as fotos do presidente do Banco Mundial, un tal Paul Wolfowitz, que non tira os calcetíns nin cando lle rompen, sei que vou a pertencer á clase traballadora toda a miña vida.
Pero comentando tan “austeira” nova xurden dentro dos compañeiros e compañeiras de traballo dúas correntes de opinión. Unha se os calcetíns xa os levaba rompidos da casa, e a outra se como eran tan “finos” os calcetíns lle romperon polo camiño. A verdade é que non sei que opción é peor, porque de ser correcta a segunda, a pregunta é: ¿canto tempo facía que este home non cortaba as uñas dos pés?.
Unha foto dedicada …
Esta foto vai dedicada para todos os amigos do BNG que sei que lles gusta, e defenden, a incorporación de Superpiñeiro á Galega.
Na imaxe do xornal El Pais («ese diario de Madrid») podedes comprobar a estreita relación que existe entre Xosé Manuel Piñeiro, Quintana e Paco García, o alcalde de Allariz. Agora Superpiñeiro non só vai de romerias co Vicepresidente, non só lle dan programas na TVG, senón que tamén inaugura centros sociais. ¡Que grande!.
Permitídeme unhas dúbidas: ¿Para cando a incorporación do showman de Allariz ás filas do BNG como militante?. Quen sabe, ao mellor acaba de secretario xeral dalgunha consellería. ¡¡Ou de conselleiro!!.
Unha recomendación …
Atopei no blog de Nacho Escolar un vídeo (tarda 18 segundos en arrancar) que é impresionante. É unha rolda de prensa do Concelleiro de Festexos de Ciudad Real, Ramón Barreda con Millán Salcedo (Martes y Trece), na que presentan as festas do entroido do 2000.
O vídeo é un claro exemplo do que non debe de ser unha rolda de prensa, pero a verdade e que uns persoaxes tan singulares como Millán, e sobre todo o concelleiro Ramón Barreda, o cal posúe un curriculum político extraordinario:
-
Irmán do Presidente de Castela-La Mancha, José María Barreda (PSOE).
-
Concelleiro do PP en Ciudad Real.
-
Enfádase co PP e crea un partido independente (Independientes por Ciudad Real).
De tódolos xeitos o vídeo non ten desperdicio, e non ata se podería volver a crear o dúo Martes y Trece.
Delincuencia ou xenofobia??
Eu non sei si hai dúas Españas?, pero o que si está claro é que hai dous enfoques informativos distintos que axudan bastante a difundir esta idea. Por exemplo, no asunto dos disturbios de Alcorcón do pasado fin de semana hai uns medios de comunicación que os achacan ao racismo e a xenofobia, e outros á delincuencia. Estes últimos –La Razón ou o ABC – aproveitando, coma sempre, para cravarlle unha pulla ao goberno de Zapatero:
“Empieza a ser preocupante que para suplir la incompetencia del Gobierno, el ciudadano se vea obligado a recurrir a sus propias manos para restablecer el orden en sus comunidades”, di o xornal La Razón.
Pero quen vai máis alá é César Vidal o director do programa La Linterna na Cadena COPE, o cal amosando uns claros tintes de xenofobia di cousas como que aos inmigrantes que se pensan que veñen aquí para: “asustar, atracar, golpear, … se les sube a un avión y se les devuelve a su país. En masa, ellos y su familia”.
As palabras de César Vidal non merecen contestación, ademais xa lle contesta perfectamente Wyoming no programa El Intermedio de La Sexta, como podedes comprobar no vídeo deste post.
O que si é certo é que deberiamos de ter moitísimo coidado todos cos comentarios que facemos, pero en especial os medios de comunicación e os líderes de audiencia que teñen unha tremenda incidencia sobre os cidadáns.
Superpiñeiro returns II
Non é por presumir de “pitoniso”, pero xa o anuncie neste blog, alá por mediados de decembro (fai xa máis dun mes), que Superpiñeiro regresaba á Galega. Pero isto non é novidade, o que me leva a escribir sobre este tema é a reportaxe que o domingo 21 publicou o xornal El País sobre este acontecemento social e cultural para Galicia.
O “icono da tele de Fraga e animador de Quíntana”, tal e como o define o xornalista Pablo López a Superpiñeiro, ten o rostro de manifestar:
«¿Cambio? ¡Pero qué cambio, si el único que faltaba era yo!», e remata sentenciando: «Lo del cambio en la TVG me hace mucha gracia,…, ahí siguen Gayoso, Os Tonechos, actores que pasan de unas series a otras…».
Xosé Manuel Piñeiro convértese, deste xeito, nun mercenario do espectáculo, que foi fiel servidor dos intereses do PP e de Manuel Fraga nunha época, e puido reconverterse ao nacionalprogresismo do BNG e de Anxo Quintana, atrevéndose a poñer en dúbida o pregoado cambio da canle autonómica. Aínda que no fondo ten razón o showman de Allariz, porque o cambio da TVG redúcese á modificación da imaxe corporativa da canle, aos decorados máis modernos que lucen os informativos e ao exilio político sufrido por Tino Santiago, xornalista que desterraron á Radio Galega e polo que parece era o único culpable do que acontecía na TeleGaita.
Pero o máis surrealista de todo isto é que hoxe o País publica un comunicado da Vicepresidencia que asina Antón Losada, e o cal aparece en plan matón arremetendo contra “este diario de Madrid” e defendendo a política de festas e xantares de Quintana coa terceira idade; nótase que cando o BNG criticaba a Fraga e ao PP por realizar este mesmo tipo de festas Antón Lousada non era militante nacionalista. Por certo, e xa para rematar, “este diario de Madrid” pertence ao mesmo grupo que a cadea de radio na que Antón é tertuliano. ¡¡Que desagadecido!!.
Aznar o políglota
Un políglota é aquel individuo versado en varias linguas di o diccionario. Este é, sen dúbida, o caso de José María Aznar, que ademais de falar en castelán, moito e de máis na maioría das ocasións, tamén domina o inglés (1, 2), o spanglish, o alemán, e agora o italiano. Sen esquecerse, por suposto, do catalán, aínda que só na intimidade –é dicir unicamente coa Botella, ¡supoñemos!-.
Paseando polo youtube, atopei sen querer un vídeo do profesor de inglés de José María que vos recomendo.
¿Cal a será a nova lingua coa que nos sorprenderá Aznar?. Quizais o francés?, será o grego?, ou ao mellor o galego?. ¿Quen sabe?, este home fala de todo, e sempre di as mesmas «tonterías».
Un día especial
A verdade é que me sinto orgulloso de Paula. Onte, como di ela no seu blog, “foi un día especial”; pero non só para ela, para toda a familia. Primeiro a nova da Voz de Galicia, e despois a entrevista na Galega -póñovos o vídeo por xentileza de Marcus-.
Como vos podedes imaxinar toda a familia –a de Galicia e a de Asturias- revolucionada, ata meus sogros a viron en Gijón a través da TDT. Ata Nerea, a pequena, estaba encantada coa súa irmán, agora ela tamén quere un blog pero imos a esperar a que aprenda a escribir.
A partir de agora e despois da excepcionalidade destes días quédanos a todos, pero en especial a Paula, a volta á normalidade: estudar, as clases de pandeireta e informática, o baloncesto, xogar coas amigas e escribir no blog mentres disfrute con elo.
Grazas a todos e a todas polos vosos mensaxes, e en especial a Lage, Marcus, Burgales, Araceli, Oregui, Araceli, Vanem, Islas Cies e Iván.
Rajoy: Onde dixen «digo» digo ….
Estou vendo 59 segundos e estou alucinando. Resulta que a Pedro Jota, no debate do Congreso sobre o proceso de paz, non lle gustou nin Zapatero nin Rajoy. Que non lle gustase Zapatero non nos estraña a ninguén, pero que Rajoy lle parecera bronco é unha tremenda novidade.
A verdade, se a Pedro Jota lle pareceu bronco Rajoy, ¡cómo debeu de estar!. Total só dixo que apoiar a Zapatero na loita contra o terrorismo era un suicidio, ou que era un erro, ou “si usted no cumple [las exigencias de ETA], le pondrán bombas, y si no hay bombas, es porque ha cedido». ¡Case nada!.
Esta é a oposición que o PP, Mariano Rajoy e os medios afíns decidiron facer para conseguir que o PSOE e Zapatero perdan as próximas eleccións. Está claro que o primeiro partido da oposición non foi capaz, case tres anos despois, de dixerir a derrota electoral e intenta con tódalas súas armas atopar o seu 11M particular. Por agora sírvelle o atentado de Barajas.
Poderemos escribir e opinar o que queiramos, debatir, discutir ou falar; é igual o PP xa marcou a súa liña e ou estás ao seu favor ou senón es un mal español. Eles están en poder da verdade absoluta. Aínda que cometan erros. No ano 2000, sendo Rajoy o Vicepresidente primeiro do goberno, dicía do Pacto Antiterrorista:
– “No tiene sentido”.
– “No aporta absolutamente nada”.
– “La propuesta no es más que una maniobra publicitaria del PSOE para llamar la atención”.
– “Hay quien pretende sacarse conejos de la chistera para poder decir a la sociedad ‘yo también estoy aquí y a mi también se me ocurren cosas’”.
Agora para Rajoy o Pacto Antiterrorista é un acordo fundamental para a loita contra ETA e pídelle a Zapatero que volva ao pacto, pero debeu de esquecer que este acordo di que o terrorismo é un problema de Estado e que ao Goberno de España correspóndelle dirixir a loita antiterrorista.
A doble vara de medir do PP
Non me atopo con moitas ganas de escribir sobre a actitude (nin a aptitude) de Mariano Rajoy e a Santa Compaña –Acebes, Zaplana, Aguirre, …,-. Pero vouvos a recomendar un vídeo titulado “La doble vara de medir de la derecha española” e que ten a súa orixe no blog 192muertos-192Mentiras.
Aquí poderedes comprobar a diferencia entre a tregua de 1998 e a tregua do 2006, en definitiva a diferencia entre o PP e o PSOE.
Comentarios