Non sei que pensar

enero 2, 2007 at 5:29 pm 3 comentarios

Foto de www.elpais.com

Despois do triste atentado de ETA cometido na T4 de “Barajas”, onde desgraciadamente morreron dúas persoas e con elas a esperanza de paz de millóns de españois; os acontecementos políticos seguintes lévanme a entristecerme aínda máis xa que non sei que pensar con todo o que está a pasar.

Persoalmente creo que hai algúns individuos que esperaban e desexaban que acontecese algo similar ao que pasou, que os asasinos de ETA abandonaran a tregua para matar. Repito que é unha apreciación persoal, un sentimento que se reafirma cada vez que vexo a homes e a mulleres detrás dunha bandeira de España co escudo da aguia, ou levantado a man dereita. Cada vez que os escoito gritar “Zapatero asesino” ou cousas similares. ¿Que culpa pode ter un presidente dun goberno por intentar que os españois vivan en liberdade e en paz?, acaso non ten dereitos e ata a obriga de conseguilo; que eu recorde os anteriores presidentes intentárono, e non recordo que ningunha asociación de víctimas saíran á rúa para protestar ou para pedir a súa dimisión, e moito menos recordo que cando eso pasaba os partidos da oposición protestase e se opuxeran. Pero agora si, e cal é o porqué?.

O Partido Popular mentres buscaba o fin do Movemento Vasco de Liberación –eles chamábano así- na tregua de finais de 1998 concedeulle “medidas de gracia” aos terroristas, e durante esta tregua continuou a kale borroka, a extorsión a empresarios e mesmo se cometeron roubos de explosivos en Francia, pero ningún partido político nin asociación de víctimas, nin medio de comunicación pediu o remate das negociacións. Todos, sen excepción foron leais co goberno de Aznar e do PP, algo que desgraciadamente non aconteceu durante o goberno de Zapatero e o PSOE. ¿Cales son as razóns?, ¿acaso o PP, as asociacións de víctimas e os medios de comunicación afíns non querían a paz?. Sinceramente, e repito é unha opinión persoal, creo que non, creo que non lles interesaba a ningún deles, pero en especial ao PP que o goberno socialista conseguise que ETA entregase as armas, xa que o único que fixeron durante este proceso foi poñer trabas e zancadillas continuamente.

Agora xa o conseguiron, xa teñen unha nova escusa para saír á rúa. É unha mágoa.

Anuncios

Entry filed under: Goberno, Política, PP, PSdeG-PSOE, Xeral.

Feliz 2007 Lobeira: “Saben aquel que diu …”

3 comentarios Add your own

  • 1. Iván Puentes  |  enero 2, 2007 en 11:53 pm

    Só hai que ver unha cousa ¿onde rematou a marcha da AVT do outro día? En Ferraz, diante da sede do PSOE, berrando e tirando ovos; porque o obxectivo do manipulador e sectario Alcaraz e da súa banda non é acabar co terrorismo, senón acabar con Zapatero para que goberne o PP, que é no que ten verdadeiro interese.

    A Asociación de Víctimas do Terrorismo, á que lle debería dar vergoña ter a indecencia de chamarse así, porque nin representa a tódalas víctimas do terrorismo nin axuda á fin do mesmo, non é máis que o brazo asociativo do PP, no mesmo sentido que eles din que Batasuna é o brazo político de ETA.

  • 2. rodriguezrr  |  enero 3, 2007 en 4:16 pm

    derrota o triunfo?

    Ha sido una derrota o un triunfo el haberlo intentado?.

    Ha sido una derrota el haber podido salvar la vida a mas de una victima durante todo este tiempo de tregua?, Yo creo que ha sido una victoria aplastante.

    La gente deberia pensar mas en este pequeño comentario.
    Lo mas triste de esto ha sido que hay algun partido haya considerado un triunfo para el y una derrota para el partido socilista que haya hecho de estas victimas sus heroes.
    Es muy triste este tipo de politica, y lo mas triste es que haya gente que se los escuche.

    Espero que tengamos mas oportunidades para la paz y que se vuelvan ha intentar aprovecharlas, de lo contrario tendriamos un problema.

    Gracias

  • 3. darthcoli  |  enero 3, 2007 en 11:04 pm

    Eso es lo que quieren

    Encima, para colofón, con toda esta historia va a parecer que es el PP el que tenia razón. Que vergüenza.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

enero 2007
L M X J V S D
« Dic   Feb »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Fotos

Debuxo do Carrabouxo

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Más fotos

A %d blogueros les gusta esto: