Archive for enero 4, 2007

Lobeira: “Saben aquel que diu …”

Debo confesar que sinto admiración por Bieito Lobeira. É un deses deputados que loita por non pasar desapercibido durante a súa estadía no Parlamento de Galicia. O certo é que xa leva tempo traballando no pazo do Hórreo, pero sen dúbida esta é a lexislatura da súa consagración, do salto á fama e ao celuloide mediático.

Lembro así por encima propostas tan interesantes e de tanta importancia para os galegos e galegas coma que na morte se recoñezan os nosos dereitos lingüísticos, xa que segundo el existen moitos “patriotas galegos que están soterrados en español cotra a súa vontade”. Algúns pensarán que esto é unha tolería, pero realmente a quen non se lle pasou pola cabeza algunha vez que deberiamos de cambiar as lápidas dos cemiterios porque están en castelán. Este, sen dúbida, é un asunto que lle quita o sono a milleiros e milleiros de galegos e galegas e que ata o de agora non se atreveran a manifestalo en público. É máis creo que as marmorerías apoian esta proposta e incluso están a pensar en facerlle unha homenaxe a Bieito.

Meses máis tarde Bieito volveu a ser protagonista, novamente, en distintos medios de comunicación ao ser elixido coma un dos cinco homes galegos máis guapos. Eu téñovos que confesar que sento envexa, porque a min tamén me gustaría estar nese top cinco da fermosura galega.

E agora máis recentemente sorpréndenos cunha nova iniciativa na que pide que se recuperen os nomes e apelidos galegos orixinarios, e propón que sexan os políticos de Galicia os primeiros en dar exemplo, así coma outra serie de persoeiros destacados da cultura, do deporte, etc. Esta proposta “made in Lobeira” , presentada por certo o 28 de decembro –ao mellor é unha inocentada-, amosa claramente a preocupación deste significado político do BNG polos verdadeiros problemas de Galicia e polas cousas serias que propón ao Parlamento para o seu debate.

A min, sinceramente, esto sóame máis a unha daquelas actuacións memorables do humorista Eugenio enfundado no seu traxe negro e mentres fumaba un pito e lle daba un sorbo a un cubata dicía: “Saben aquel que diu …”. Por certo, xúrdeme unha dúbida: ¿como se galeguiza o apelido de Aymerich e o de Jorquera?. E un amigo apúntame que se lle esqueceu incluír na relación de nomes o de Canle por Canal.

Anuncios

enero 4, 2007 at 4:47 pm 8 comentarios


Calendario

enero 2007
L M X J V S D
« Dic   Feb »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.