Archive for enero 5, 2007

Un día enteiro de Reis

Hoxe é a noite máxica do ano para os nenos. As miñas pequenas -Paula e Nerea- xa están na cama esperando que se faga de día canto antes para poder mirar que regalos lle trouxeron Melchor, Gaspar e Baltasar.

Esta tarde fomos á cabalgata de Reis que organizan os veciños e veciñas de Lampón, aproveito para destacar o importante traballo que fan, xa que esta é a cabalgata oficial do concello de Boiro e teño que dicir que a colaboración por parte do goberno non é a que merecen realmente. Paula e Nerea foron nunha carroza vestidas de pastoras acompañando ao Neno Xesús. Paula é a segunda vez que vai, pero Nerea era a primeira e estaba nerviosa e ilusionada; aínda que as gañas de ir eran tantas que hoxe non lle tivo medo aos fogos artificiais –e iso que sempre o ten-.

Foi no concello cando chegou o momento de falar cos Reis Magos. Nerea e Paula estiveron falando con Melchor.  Agora xa están a durmir, foi un día intenso, cheo de emocións e alegrías. Mañá é outro día, o dos soños cumpridos.

Esperemos que todos forades bos e que os Reis Magos vos traian todo o que pedistes, aínda que de seguro algúns só merecedes carbón.

Anuncios

enero 5, 2007 at 10:45 pm Deja un comentario


Calendario

enero 2007
L M X J V S D
« Dic   Feb »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

O meu Twitter

Error: Twitter no responde. Por favor, espera unos minutos y actualiza esta página.

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.