Archive for enero 6, 2007

¡¡Xa viñeron os Reis!!

 

Nerea foi a primeira en espertar. Foi andando pouco a pouco a mirar pola porta da sala. ¡¡Xa viñeron os Reis!!. ¡¡Papá, xa viñeron!!. Correu a espertar a Paula e as dúas foron a mirar se as súas maxestades trouxeran todo o que lles pediran. 

Había un armario das Jaggets coa correspondente roupa –Papá Noel xa trouxera a boneca- e un conto de Fina Casalderrey (“Derradeira carta ós Reis Magos”); iso para Paula. A Nerea trouxéronlle un Furby –que non para de falar e bailar-, un Lector Máxico de contos (co do “Rei León” e “Blancanieves”) e unha chea de cacharros para xogar. 

Desempaquetaron todo cunha tremenda rapidez, pouco habitual nas dúas, entre gritos e sorrisos. Outro ano máis Melchor, Gaspar e Baltasar cumpriron; entraron na casa sen que ninguén os escoitara, deixaron os regalos, tomaron o leite con Cola Cao e o chocolate e marcharon a deixarlles regalos a outros nenos. 

¡¡Ata o ano que ben e moitas gracias!!  

enero 6, 2007 at 12:45 pm 4 comentarios


Calendario

enero 2007
L M X J V S D
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.