Archive for enero 9, 2007

Quince millóns de euros !!!

Segundo a Confederación de Consumidores y Usuarios (CECU) os españois gastamos na Noitevella 15 millóns de euros en SMS para felicitar o novo ano. ¡¡15 millóns de euros!!. Iso son moitos cartos, algo así coma 2.500 millóns de pesetas.

Despois da Noiteboa escribín un post sobre as mensaxes a móbiles no Nadal no que comentaba, ademais do cansinos que resultan, que as grandes beneficiadas son as empresas de telefonía móbil. A min paréceme unha esaxeración e un despilfarro que os españois poidamos gastar tantos cartos en tan poucas horas –sete aproximadamente-. Porque, ¿que se pode facer con eses cartos?. 

E ademais, imaxínome que se poderá construír algún colexio, algún centro de saúde, algún centro de día, algún polideportivo, biblioteca, … 

Resumindo, 15 millóns de euros dan para moito, así que para o ano que ben seria bo que pensásemos antes o que nos imos a gastar en mandar mensaxes “chorras” -a maioría deles- que moitas veces nin se leen.

Por certo, a estes SMS de remate de ano habería que sumarlle o que nos gastamos en Noiteboa.

enero 9, 2007 at 1:16 am 1 comentario


Calendario

enero 2007
L M X J V S D
« Dic   Feb »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.