Quince millóns de euros !!!
enero 9, 2007 at 1:16 am 1 comentario
Segundo a Confederación de Consumidores y Usuarios (CECU) os españois gastamos na Noitevella 15 millóns de euros en SMS para felicitar o novo ano. ¡¡15 millóns de euros!!. Iso son moitos cartos, algo así coma 2.500 millóns de pesetas.
Despois da Noiteboa escribín un post sobre as mensaxes a móbiles no Nadal no que comentaba, ademais do cansinos que resultan, que as grandes beneficiadas son as empresas de telefonía móbil. A min paréceme unha esaxeración e un despilfarro que os españois poidamos gastar tantos cartos en tan poucas horas –sete aproximadamente-. Porque, ¿que se pode facer con eses cartos?.
-
A Consellería de Medio Rural do Principado de Asturias invírteos (en tres anos) en agricultura ecolóxica.
-
A Deputación de Cáceres gástaos en vehículos e material para a extinción de incendios .
-
O que os Presupostos Xerais do Estado lle concede á cidade de Barcelona (e que tamén reclama Madrid).
-
A ONU reclamabaos para asistencia humanitaria en Timor Oriental.
-
…
E ademais, imaxínome que se poderá construír algún colexio, algún centro de saúde, algún centro de día, algún polideportivo, biblioteca, …
Resumindo, 15 millóns de euros dan para moito, así que para o ano que ben seria bo que pensásemos antes o que nos imos a gastar en mandar mensaxes “chorras” -a maioría deles- que moitas veces nin se leen.
Por certo, a estes SMS de remate de ano habería que sumarlle o que nos gastamos en Noiteboa.
1.
Enrique Castro | enero 9, 2007 de 1:54 pm
Falaches bén Blas.
15 milions de euros, por utilizar o móbil, e encher a memoria de mensaxes que xa me gustaría recibilos o longo do ano.
unha aperta.