O PP e Batasuna na casa

enero 14, 2007 at 12:57 am 2 comentarios

Foto de www.elpais.com

Casualidades da vida e da política, pero nas manifestacións de hoxe estiveron todos menos o PP e Batasuna. Mentres milleiros de persoas protestaban en Madrid e Bilbao en favor da paz, da vida, da liberdade –tamén-; e contra o terrorismo e a banda terrorista ETA, Rajoy e Otegui estaban nas súas casas. Da igual que fosen cen mil ou un millón, o importante é que quen debía de estar manifestándose, amosando o seu rexeitamento máis claro ao terrorismo non estaba. 

Seguramente mañá o PP dirá que todos están equivocados, que foi unha artimaña de última hora, acusará ao presidente do goberno de falla de liderazgo e de carecer dunha política clara contra o terrorismo; pero, xa da igual Rajoy estaba na casa e con el todo o Partido Popular. É unha mágoa, pero é así. Carlos Alonso Palate e Diego Armando Estacio foron as derradeiras víctimas da violencia dos “etarras”, dúas persoas anónimas ata o día 30 de decembro, dúas persoas que estaban ao marxe das discrepancias políticas en España, dúas persoas que viñeron ao noso país a buscar un futuro mellor que non puideron atopar no seu, dúas víctimas do terrorismo. Motivo suficiente para manifestarse. 

O PP antepón a súa estratexia electoral, as súas ganas de volver á Moncloa, as súas ansias por derrocar a Zapatero, os seus odios, o seu rencor, o seu mal perder, …,  á unidade dos demócratas contra unha banda terrorista que asasinou a case mil persoas.

Pola Paz, a Vida, a Liberdade e contra o terrorismo

Anuncios

Entry filed under: Persoal, Política, PP, Xeral.

Quince millóns de euros !!! A doble vara de medir do PP

2 comentarios Add your own

  • 1. Iván Puentes  |  enero 14, 2007 en 2:02 am

    Vergoñento que non fora a ninguha delas a Asociación de Víctimas do Terrorismo (AVT), nin siquiera á de Navarra, na que estaban tódolos partidos, incluída UPN, a marca do PP nesta comunidade.

    Alcaraz e a súa banda xa non representan a ninguén, nin ás vítimas como colectivo. O dito, vergoñento!

  • 2. Iván Puentes  |  enero 14, 2007 en 2:20 pm

    Esquecéuseme antes, con este comportamento a AVT tamén destila algo de xenofobia. Non creo que se os mortos fosen españois tivesen a mesma desvergoña de non asistir á manifestación, ou si, porque esta Alcaraz é para botarlle de comer a parte.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

enero 2007
L M X J V S D
« Dic   Feb »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Fotos

Debuxo do Carrabouxo

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Más fotos

A %d blogueros les gusta esto: