Archive for enero 18, 2007

Un día especial

 

A verdade é que me sinto orgulloso de Paula. Onte, como di ela no seu blog, “foi un día especial”; pero non só para ela, para toda a familia. Primeiro a nova da Voz de Galicia, e despois a entrevista na Galega -póñovos o vídeo por xentileza de Marcus-.

Como vos podedes imaxinar toda a familia –a de Galicia e a de Asturias- revolucionada, ata meus sogros a viron en Gijón a través da TDT. Ata Nerea, a pequena, estaba encantada coa súa irmán, agora ela tamén quere un blog pero imos a esperar a que aprenda a escribir.

A partir de agora e despois da excepcionalidade destes días quédanos a todos, pero en especial a Paula, a volta á normalidade: estudar, as clases de pandeireta e informática, o baloncesto, xogar coas amigas e escribir no blog mentres disfrute con elo.

Grazas a todos e a todas polos vosos mensaxes, e en especial a Lage, Marcus, Burgales, Araceli, Oregui, Araceli, Vanem, Islas Cies e Iván.

Anuncios

enero 18, 2007 at 12:15 pm 9 comentarios


O máis ollado

Calendario

enero 2007
L M X J V S D
« Dic   Feb »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.